Peche en Lobios, A Pobra do Caramiñal e Mos á espera da relaxación das restricións sociais

Outros 17 concellos quedarán en nivel medio ou alto, mentres que a Xunta podería anunciar nos vindeiros días o levantamento no límite das reunións

A elevada incidencia de casos (por riba de 250 infeccións/100.000 habitantes nos últimos 14 días) levou ao comité clínico que asesora á Xunta de Galicia no seguimento da pandemia da Covid-19 a establecer o nivel máximo de restricións nos concellos de Lobios, A Pobra do Caramiñal e Mos.

Estes dous últimos municipios quedarán pechados, por tanto, a partir da medianoite do venres 28 ao sábado 29, despois do aumento de infeccións rexistrado desde hai días. Mos suma 54 casos na última semana e 70 a 14 días, segundo a última actualización do Sergas, mentres que A Pobra suma, respectivamente, 29 e 44. Os dous termos municipais  súmanse a Lobios, onde a transmisión parece controlarse na última semana, pero seguirá por precaución no nivel máis alto de restricións. Esta decisión supón o peche perimetral dos municipios, a prohibición das reunións con persoas non conviventes, o peche da actividade hostaleira e o confinamento nocturno entre as 23 e as 6 horas. Todas estas medidas volveron ser avaladas este martes polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Publicidade

No resto de niveis, e en consonancia coa tendencia descendente da incidencia no territorio galego, o número de municipios en nivel alto ou medio baixa de 29 a 17 respecto ao mapa anterior. Quedarán en nivel alto Ribeira, Ordes, Moraña, Ponte Caldelas e Viveiro. Neles só se poderán abrir as terrazas dos locais de hostalaría, que deberán estar a un máximo do 50% de capacidade.

En nivel medio estarán a partir do sábado O Barco de Valdeorras, Moaña, Ponteareas, Cambados, Bueu, Boiro, Rianxo, Cee, Xove, Cervo, Vilalba e Monforte. Aquí as terrazas hostaleiras manteranse ao 50% e os interiores, ao 30%.

Publicidade

No resto dos concellos galegos, 293, as restricións serán as do nivel medio baixo. Isto é, terrazas ao 75% e interiores ao 50%. En todos os casos nos que a hostalaría está aberta permítese a apertura dos locais ata as 23 horas, e ata a 1 da madrugada no caso de servir ceas.

En todo o territorio (agás as maiores limitacións que xa rexen nos concellos en nivel máximo) permítese a libre circulación durante as 24 horas do día e os encontros con persoas non conviventes dun máximo de catro en interiores e seis en exteriores. Mantense a limitación de reunión a conviventes no período que vai da 1 ás 6 da madrugada.

Alén da actualización de restricións, é de agardar que esta semana se poidan relaxar as restricións nos encontros sociais, como avanzaron responsables da Xunta nos días pasados.

Así queda o mapa a partir da noite do venres ao sábado:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O mar acada os 22 graos en Galicia: as claves dun quecemento inusual para maio

Os sistemas de observación detectan valores moi superiores á media habitual para maio, provocados pola acumulación de calor asociada a episodios persistentes

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie

Como funciona a amizade entre arroaces? Así é como as bateas moldean a súa vida social nas Rías Baixas

O biólogo galego Bruno Díaz revela que as preferencias alimentarias condicionan a formación de vínculos entre cetáceos

O ventilador atlántico pon fin á calor en Galicia cun descenso das temperaturas de case 10 graos

Unha masa de aire frío procedente do noroeste traerá chuvias febles e ceos cubertos a partir do martes 2 de xuño