Xoves 28 Marzo 2024

Os brotes de Ourense causan o maior número de novos casos desde abril en Galicia

Sanidade informa de 413 positivos detectados nas últimas horas, máis da metade deles en Ourense, cunha positividade de preto do 20%

A Consellería de Sanidade informou este venres de 413 novos positivos por infección do coronavirus SARS-CoV-2 en Galicia, o que supón a meirande cifra desde comezos do mes de abril, nos momentos máis graves da primeira onda da pandemia. Cómpre ter en conta, con todo, que a detección dunha maior porcentaxe de casos e a maior capacidade de rastrexo achegan unha fiabilidade maior do total de infeccións que se están producindo.

A situación da provincia de Ourense é a que provoca este aumento, con 235 casos e unha positividade nas probas PCR do 19,5%; é dicir, case unha de cada cinco probas que se fixo dou positivo. No caso da área sanitaria, que se corresponde coa provincia, os casos detectados supoñen a cifra maior desde o comezo da pandemia, tal e como se pode ver no web do Sergas, que este venres habilitou unha plataforma de datos para seguir a evolución diaria.

Publicidade

O resto dos casos confirmáronse nas áreas de Vigo (51), Santiago-Barbanza (49), A Coruña-Cee (32), Pontevedra-O Salnés (20), Lugo-A Mariña-Monforte (18) e Ferrol (8).

Casos detectados mediante PCR en Ourense. Fonte: Sergas.
Casos detectados mediante PCR en Ourense. Fonte: Sergas.

O aumento da incidencia nos últimos días obsérvase tamén na cifra de casos activos que achega a Xunta de Galicia. Mentres que o resto das áreas sanitarias amosan unha tendencia descendente ou estable, Ourense está a experimentar nos últimos días un notable aumento.

Nesta situación, o nivel de ocupación nos hospitais mantense en niveis semellantes ao das últimas semanas. Hai 187 persoas hospitalizadas (58 en Ourense) e outras 38 están en coidados intensivos (9 na provincia ourensá).

Novas medidas

Estes  datos levaron á Xunta de Galicia a incrementar as medidas nas últimas horas. Así, o Concello do Carballiño, onde xa estaban vixentes as prohibicións de reunións de non conviventes en toda a comarca, sobe ao nivel 3 de alerta, polo cal estará prohibido que bares e cafeterías poidan servir no interior, limitándose a atender nas terrazas a grupos de 5 persoas. Os restaurantes poden servir no interior, a un máximo de 5 persoas por mesa. A limitación entrará en vigor á medianoite.

As mesmas medidas aplícanse en Ourense e Barbadás. No nivel 2 continúan os concellos de Santiago, Lugo, Pontevedra, Ortigueira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Meis, Poio, Marín, Cambados, Sanxenxo e as comarcas de Allariz, Ourense (agás concello de Ourense e Barbadás), O Ribeiro, O Carballiño (agás concello do Carballiño), Verín e Valdeorras, así como no Milladoiro (Ames).

Ademais, a detección de 137 infeccións na residencia de maiores Os Gozos, no Pereiro de Aguiar, levou á Xunta a intervir o centro, xestionado ata o momento pola Fundación San Rosendo. A decisión ten por obxectivo “garantir a calidade asistencial e a correcta protección da saúde dos residentes e traballadores do centro”.

O nivel de alerta Covid-19 no teu concello: estes son os primeiros datos públicos

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A falsa endemia de malaria e outros intentos para desecar a lagoa de Antela

A partir do século XVIII a zona húmida foi considerada inimiga da agricultura. Os veciños intentaron evitar o desaugamento das terras que utilizaban para o pastoreo

Por que están aumentando os casos de covid en Galicia? Estas son as claves

Un maior movemento da poboación no verán, a caída da inmunidade e a aparición de novas liñaxes de ómicron poden ser os desencadeantes

Galicia superará os 40 graos durante a cuarta onda de calor da península

O sur de Pontevedra a Ourense serán as zonas máis afectadas durante un episodio de calor intenso que durará ata o xoves

Nova variante covid? Estes son os motivos polos que están aumentando os casos en España

O cambio de costumes durante o verán e a relaxación das medidas preventivas explicarían o incremento de contaxios