PuntoGal, o apelido galego da rede

A asociación creada no 2006 xestiona o dominio .gal que xa empregan máis de 5.500 entidades

O uso do dominio .gal converteuse en pouco tempo nun xeito de amosar o respecto e agarimo pola cultura galega, ademais de supoñer unha boa forma de distinguirse na inmensidade da rede. PuntoGal e as entidades sen ánimo de lucro que xestiona o dominio dende a súa creación en 2013, aínda que a Asociación PuntoGal creouse xa en 2006 por quince socios fundadores que representaban distintos sectores da sociedade galega. Hoxe en día máis de 5.500 empresas, institucións, organismos, comercios e outras entidades fan uso dun dominio que conta aínda cun horizonte de crecemento moi amplo.

Dario Janeiro, director xeral de PuntoGal

Actualmente PuntoGal conta con máis de 115 socios entre os que se atopan as tres universidades galegas, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega, o Museo do Pobo Galego, colexios profesionais como o de Telecomunicacións ou o de Xornalistas, a Mesa pola Normalización Lingüística, a CRTVG, empresas significativas dentro do ámbito dos dominios como Dinahosting e diversos centros galegos no exterior.

Publicidade

Segundo explica o seu director xeral, Darío Janeiro, PuntoGal traballa en tres direccións ao mesmo tempo. Por unha parte, adícase á venda de dominios a empresas, persoas ou entidades de natureza diversa, e intenta fomentar o uso do mesmo. En segundo lugar traballa apoiando iniciativas que fomenten a cultura, a internet ou os valores sociais en Galicia. E en terceiro lugar representa a Galicia nos órganos (como a ICANN) e grupos de traballo (como os GeoTLDs) que gobernan a rede.

Nestes momentos PuntoGal conta con máis de 5.500 dominios funcionando  e agárdase  que o progreso que se ven rexistrando ao longo deste ano continúe aínda que “as circunstancias derivadas da COVID-19 fan que 2020 sexa especialmente imprevisible, pero o distanciamento social tamén fai que os servizos na rede teñan unha maior relevancia”, explica Janeiro. Durante a primavera púxose en marcha o programa “Abre na rede”, que permitiu ofrecer dominios e aloxamento de balde a empresas e entidades afectadas polo confinamento e tivo moi boa acollida.

Publicidade

Entre as razón que aconsellan a contratación dun dominio .gal, Janeiro apunta que se estás en Galicia os buscadores dan cada vez máis peso aos resultados xeolocalizados, xa que dan por feito que son máis relevantes. Pero tamén é aconsellable porque permite moita mais liberdade á hora de levar a túa marca á rede, ao haber moita menos saturación de nomes que en outros TLDs, como no .com ou .es.

O dominio .gal permite maior liberdade para levar a túa marca á rede e tamén É bo para o posicionamento nos buscadores

Entre os obxectivos cara a futuro, o director xeral de PuntoGal salienta  o de medrar e converter o dominio “ nun referente para todos os sectores da sociedade galega”. Nese sentido explica que o dominio .gal é una ferramenta moi valiosa  tanto para a creación de marca offline coma para a optimización nos buscadores. “Nese sentido queremos facilitar a presenza na rede das pequenas empresas ou entidades, con ferramentas que permitan incorporarse á vida online dun xeito sinxelo e doado”, engade Janeiro.

Ademais, a entidade ten prevista a creación de novos produtos e a incorporación doutras ferramentas útiles para axudar a crear e manter presenza en liña desde Galicia, así como ampliar o número e o tipo de iniciativas que apoian para o fomento da cultura, a rede e a sociedade galega.

Nesa liña atópase o actual patrocinio dos Premios Spin-Off PuntoGal, en colaboración co portal GCiencia. Janeiro apunta que un dos obxectivos desta iniciativa é darlle maior visibilidade ao tecido de coñecemento que existe nas universidades e empresas galegas. “Queremos que se coñezan estas novas ideas e novos xeitos de traballar, especialmente en momentos nos que igual se bota un pouco de menos algo de optimismo”, sinala.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“É que Deus non fala galego?” O estudo que alertou do declive do idioma en 1974

Unha investigación sociolingüística con 600 amas de casa pontevedresas recuperado polo Consello da Cultura Galega revela o peso da Igrexa, da clase social e do ámbito doméstico na substitución lingüística

O Consello da Cultura Galega alerta da transferencia do control do patrimonio aos concellos

Un informe do órgano estatutario lamenta que se elimine a autorización previa da Consellería nas intervencións en bens catalogados e dubida da súa constitucionalidade

Das bolichas á cucaña: cultura galega a través dos seus xogos tradicionais

O Consello da Cultura Galega impulsa a recuperación e difusión de máis de 100 tradicións lúdicas, organizadas por idade, finalidade e categoría, dispoñibles en formato web e aplicación móbil

Un gaiteiro e unha soprano: estes son os rexistros sonoros máis antigos en galego

O Consello da Cultura Galega publica Alborada, gravado entre 1897 e 1900, unha muiñeira do 1900 e outras dúas pezas