O nivel de alerta Covid-19 no teu concello: estes son os primeiros datos públicos

A Consellería de Sanidade fixo público este venres un mapa municipal dos positivos detectados e outros indicadores da pandemia

Case sete meses despois da declaración do estado de alarma por mor da pandemia da Covid-19, a Consellería de Sanidade fixo público este vernes o panorama municipal de casos detectados nos últimos sete e 14 días. Tal e como avanzara esta semana a Xunta, despois das reiteradas peticións dos gobernos locais, establécense catro “niveis de alerta”, en función da situación nos municipios agrupados en dúas categorías, os de máis de 50.000 habitantes (as sete cidades) e os de menos de 50.000 (os 307 concellos restantes).

Como se pode ver baixo estas liñas, 10 concellos están no nivel tres de alerta ao superar os criterios marcados polo comité clínico: máis de 21 casos ou unha incidencia superior aos 112 casos/100.000 habitantes no referente ás cidades. Trátase de Ourense, Barbadás, O Barco de Valdeorras, Ames, Marín, Vilagarcía de Arousa, Verín, O Pereiro de Aguiar e Monterrei, nestes últimos casos debido a brotes en residencias de maiores. Este venres á mañá, Sanidade anunciou a intervención da residencia Os Gozos do Pereiro de Aguiar, da Fundación San Rosendo, despois dos positivos de 112 residentes e 25 profesionais.

Publicidade

Alén disto, outros oito concellos sitúanse no nivel 2 (Lugo, Santiago de Compostela, Teo, Xinzo de Limia, Ribeira, Arteixo, A Coruña e Culleredo), e outros 24 están en nivel 1. O resto, 270 concellos, mantéñense no nivel 0, con menos de sete casos diarios ou, no caso da cidade de Ferrol, cunha incidencia menor a 28 casos por cada 100.000 habitantes.

Últimos 14 días

A situación é, a grandes trazos, moi semellante ao remontarse a dúas semanas antes deste venres. Mantéñense no nivel 3 os municipios de Ames, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Verín, Monterrei, O Pereiro de Aguiar, Barbadás e Ourense. No 2 están Lugo, A Coruña, Arteixo, Cambre, Oleiros, Santiago de Compostela, Boiro, Pontevedra, Marín e Vilagarcía de Arousa. Outros 21 sitúanse no nivel 1 e o resto, 273 concellos, están no nivel 0.

Publicidade

Os brotes de Ourense causan o maior número de novos casos desde abril en Galicia

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro