Oito concellos saen do nivel 3 de restricións en Galicia, no que entra Moaña

O comité clínico, reunido este martes, acordou manter unha vixilancia estrita ante a evolución da pandemia en Ribeira, Dumbría, Petín, A Rúa e A Lama

Nova reunión do comité clínico de expertos e expertas que asesora á Xunta de Galicia na evolución da pandemia da Covid-19, e novo cambio no mapa de limitacións máis estritas: na noite do martes, a Consellería de Sanidade informou de que oito municipios nos que se mantiña o peche perimetral e da actividade hosteleira saen do nivel 3 de restricións e quedan, por tanto, equiparados aos máis de 240 concellos galegos situados no nivel 2. Verín, no que se mantiña un peche individual, Coles e Amoeiro, na contorna de Ourense, Trazo, Boqueixón e Val do Dubra, na área de Compostela, Monforte de Lemos e Campo Lameiro, na área de Pontevedra, amosaron unha boa evolución e pasan a restricións menos estritas.

Alén disto, o comité decidiu incorporar a Moaña ao grupo de concellos con restricións especiais. Queda pendente de confirmar se o territorio deste concello pasa a integrar un peche conxunto con Cangas ou a área de Pontevedra ou se, pola contra, entra nun peche individual. A nova situación dos municipios citados mudará, na práctica, na noite do mércores ao xoves, cando entran en vigor as medidas publicadas este mércores no Diario Oficial de Galicia.

Por outra banda, Sanidade informou tamén de que os concellos de Ribeira, Petín, A Rúa, Dumbría e A Lama. cunha alta incidencia acumulada de casos nos últimos días, manteñen o nivel dous malia que se desenvolverá “unha observación específica á súa evolución epidemiolóxica”.

Así queda por tanto o mapa de Galicia en canto ás limitacións por mor da Covid-19:

Situación actual

Entre a tarde do domingo e o luns, cando se pecharon os datos difundidos o martes, Sanidade informou de 327 casos detectados por PCR. Unha cifra máis baixa ca en días previos, pero que coincidiu tamén cun importante descenso de probas realizadas (4.468). A positividade mantense arredor do 7-8%. No contexto estatal, Galicia amosa un descenso máis lento có resto de comunidades, segundo os datos difundidos polo Ministerio de Sanidad. Aínda que a incidencia acumulada a 7 días segue sendo menor cá media estatal (134,88 fronte a 143,24), xa se sitúa por riba de rexións como Madrid, Comunitat Valenciana, Cataluña, Castilla-La Mancha, Canarias, Baleares ou Extremadura.

Por áreas sanitarias, esta é a evolución dos novos casos:

Así está a situación nos hospitais:

Falecementos:

O indicador de casos activos:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.