Xoves 25 Abril 2024

O ‘semáforo’ que mide o risco de que te infectes coa Covid-19

A alta ocupación das estancias e a falta de ventilación inflúen claramente no risco de contaxio, xunto ao uso de máscara e a distancia social

Diante do aumento dos casos de Covid-19 nas últimas semanas, vinculados en boa parte a encontros sociais e familiares, as autoridades sanitarias insisten en manter as precaucións repetidas infinidade de veces durante a pandemia: distancia social, uso de máscara e hixiene de mans. Con todo, outros factores gardan relación tamén cun maior ou menor risco de contaxio: ás condicións socioeconómicas (vivenda, situación persoal e laboral, etc.) engádense outros detalles que non sempre se teñen en conta, como o tempo que duran as reunións, os lugares nos que se desenvolven ou o tipo de comunicación que se establece.

Neste sentido, unha análise publicada esta semana no British Medical Journal afonda nestes matices. Os seus autores abordan como pregunta principal o establecemento dos dous metros como a distancia social recomendada. Pero explican por que, ás veces, non pode ser suficiente, sobre todo se nos situamos en espazos pechados, mal ventilados, e cunha importante presenza de persoas, que á súa vez están falando constantemente, e mesmo a voces.

Publicidade

A volta ás aulas coa Covid-19: distancia, ventilación e poucos alumnos para reducir o risco

Conclúen, por tanto, que a simplificación das normas cara á distancia social baséase en “ciencia obsoleta”, que debe ser revisada e enriquecida co coñecemento acerca da circulación de partículas virais a través de aerosois, xa que nalgúns casos non é preciso o contacto estreito, e o virus pode viaxar varios metros polo aire ata infectar a outra persoa.

Menciónanse, por exemplo, os estudos que constatan unha alta taxa de infeccións nestes escenarios. Un deles é o dun coro dos Estados Unidos nos que unha persoa infectou a 32 compañeiros. Ou o dun surto nun restaurante da China onde, a pesar da distancia social, a ventilación deficiente provocou a infección de 10 comensais.

O tempo de exposición xogaría tamén un papel clave. Canto máis duren os encontros nestes espazos pouco ventilados e con moitas persoas, máis probabilidades hai de que o brote acabe sendo de maior tamaño. Considérase que a partir dos 15-20 minutos o risco increméntase de forma significativa.

Pola contra, os autores da táboa tamén insisten en que, ao aire libre, abonda co uso de máscara e unha distancia social mínima para que o risco se reduza ao mínimo, xa que cunha ventilación axeitada e no exterior, as infeccións son moi improbables pola dispersión do SARS-CoV-2. Isto levounos a deseñar un modelo máis matizado que pode servir como orientación cara ás relacións sociais que manteñamos, e que podes ver traducido ao galego baixo estas liñas:

Así, na columna máis á dereita, evidénciase como o risco é alto, a pesar de manter a distancia social e usar máscara, no caso de compartir un espazo pechado con moitas persoas durante máis de 15-20 minutos. E pola contra, se nos atopamos ao aire libre, as posibilidades de infectarse son moito menores en case todos os escenarios.

Os autores insisten en que o modelo é relativo, e non inclúen outros factores adicionais que tamén deben considerarse, como a susceptibilidade das persoas á infección, a carga viral do caso índice e a súa localización na estancia ou os patróns de fluxo de aire.


Referencia: Two metres or one: what is the evidence for physical distancing in covid-19? (Publicado no British Medical Journal).

 

2 COMENTÁRIOS

  1. Buenas tardes; me parece muy interesante los comentarios que se hace en el semaforo, pero hay algo que yo no lo tengo claro.
    Cuando hablan con mascarilla a que tipo de mascarilla se refieren, púes en el mercado hay varios tipo de mascarilla.
    Supongo que con una mascarilla EPI FFP2 tendremos una protección mucho mas alta que con una mascarilla hijienica o sanitaria.
    Otra cosa que yo no entiendo, por que una mascarilla hijienica filtra de dentro para fuera y no filtra de fuera para dentro.
    Otra si las mascarillas EPI filtran hasta un 94% en los dos sentidos, pienso que debían ser las recomendadas, o por lo menos aconsejadas, pues hay personas que ignoran los tipos de mascarilla y sus efectos.

    Les doy las gracias por adelantado, que tengan un buen día.

    Sarmiento

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que están aumentando os casos de covid en Galicia? Estas son as claves

Un maior movemento da poboación no verán, a caída da inmunidade e a aparición de novas liñaxes de ómicron poden ser os desencadeantes

Nova variante covid? Estes son os motivos polos que están aumentando os casos en España

O cambio de costumes durante o verán e a relaxación das medidas preventivas explicarían o incremento de contaxios

Sonia Villapol: “En Galicia estímase que 75.000 persoas teñen covid persistente”

A neurocientífica galega acaba de publicar un libro no que reflexiona sobre as leccións aprendidas durante a pandemia

Un equipo galego deseña un sistema para detectar o ARN do coronavirus

Tamén presentou avances en novas ferramentas de Intelixencia Artificial (IA) capaces de acelerar o desenvolvemento de fármacos