Tres hospitais españois participarán en ensaios de fase 2 dunha vacina contra a Covid-19

O Goberno español anuncia que o proxecto da empresa Johnson&Johnson estudará a súa vacina candidata con 190 persoas en hospitais de Madrid e Santander

O Goberno español anunciou este venres que en breve comezarán os ensaios clínicos en fase 2 para analizar a efectividade e seguridade da candidata a vacina contra a Covid-19 que impulsa Jansen, a división farmacéutica da compañía a empresa Johnson&Johnson. Así o avanzou o Ministro de Sanidad, Salvador Illa, que explicou que a Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios autorizou o ensaio, con 190 voluntarios sans nos hospitais de La Paz e La Princesa, en Madrid, e o Marqués de Valdecilla de Santander. Só dous países (Alemaña e Bélxica) ademais de España participarán nestas probas.

A vacina que se probará en España, co nome Ad26.COV2.S, consiste nun adenovirus recombinante que xera unha resposta inmunolóxica fronte a proteína S do SARS-CoV-2 (a coñecida como proteína spike, ou espiga), que o virus utiliza para adentrarse nas células, replicarse e infectalas, desenvolvendo a infección no organismo.

Publicidade

A procura dunha vacina contra a Covid-19 no mundo

Centos de proxectos en todo o planeta buscan a forma de que as persoas poidan adquirir inmunidade fronte á infección do coronavirus SARS-CoV-2. A administración da vacina a unha parte importante da poboación é, segundo coinciden os expertos, unha das claves para que se poidan levantar as medidas como o uso de máscara, a distancia social ou a prohibición de eventos multitudinarios. Segundo o seguimento que está a facer a OMS, ata o 25 de agosto había no planeta 31 proxectos de candidatos a vacina que estaban, canto menos, na fase 1 dos ensaios clínicos.

As máis avanzadas, en fase 3, son as da Universidade de Oxford e AstraZeneca (das que o Goberno español se sumou á compra centralizada da Unión Europea), os tres proxectos de China, liderados por Sinovac e Sinopharm en colaboración cos Instritutos de Produtos Biolóxicos de Pekín e Wuhan, o da compañía estadounidense Moderna (coa que tamén hai un acordo para facer parte do proceso de produción en España) e o das empresas estadounidenses e alemás BioNTech, Fosun Pharma e Pfizer.

Publicidade

Outros proxectos, como o do Instituto de Investigación Gamaleya de Moscú, están aínda situados pola OMS en fase 1, mais que o presidente do país, Vladimir Putin, afirmou hai unhas semanas que a vacina xa estaba rexistrada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A galega Zendal completa a vacinación de máis de 7.000 bebés no ensaio da súa vacina contra a tuberculose

O proxecto internacional avaliará se MTBVAC protexe mellor fronte á enfermidade en comparanción con BCG, a única aprobada actualmente para vacinar os recentemente nados

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024

Unha vacina contra o melanoma? Que hai realmente detrás do anuncio de Merck e Moderna

Aínda non se coñecen os resultados completos da fase III do ensaio no que participaron máis de 1.000 persoas. Por Cristina Penas Lago

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas