Xoves 25 Abril 2024

Galicia rexistra 169 novos casos de coronavirus

Ourense concentra máis dun 40% do aumento de casos activos, mentres que baixan de novo as cifras de hospitalización e rexístranse 9 mortes máis

ADVERTENCIA: Por un erro de transmisión da Xunta de Galicia, a información transmitida onte sobre o número de probas PCR que se amosa neste artigo é errónea.

A Xunta de Galicia informou este martes dos últimos datos sobre a epidemia da Covid-19 no país: son 6.416 as persoas afectadas polo coronavirus SARS-CoV-2, no que respecta ao cumio da pirámide de persoas afectadas (aquelas ás que se lle realizou a proba para confirmar a doenza). É o maior incremento nos últimos 10 días tanto no número de casos activos (120 máis) como no de confirmación de novos positivos (169, segundo informa o Ministerio de Sanidad). Porén, boa parte deste incremento reside en que este luns se bateu o récord de probas PCR realizadas desde o comezo da crise: fixéronse 6.780 máis, para un total de 74.419. Porén, esta cifra non se corresponde co número de persoas analizadas, xa que é habitual que se lle realicen dúas (ás veces máis) PCR a un mesmo paciente para comprobar a evolución da doenza.

Publicidade

Deste xeito, a porcentaxe entre a maior realización de probas e a detección de novos casos redúcese cada vez máis, como se pode ver nestas liñas. Pode explicarse, ademais da remisión da epidemia, coa realización de análises a persoas xa estudadas previamente nas que agora se confirma a desaparición do virus.

Porén, o aumento de casos non se reflicte nas cifras de hospitalización, que seguen afastando o risco de saturación nos hospitais, toda vez que hai sete persoas menos na UCI (de 108 a 101), e unha mínima subida noutras unidades de ingreso (de 601 a 603).

O resto dos casos, 5.712 (89,03% do total) están sendo atendidos no domicilio. Con todo, cómpre sinalar que nesta última porcentaxe se inclúen as persoas usuarias en residencias de maiores, que nalgún caso teñen un prognóstico grave debido ás complicacións propias da idade. De feito, parte dos falecementos dos últimos días rexístranse entre estas persoas atendidas “no domicilio”.

Falecementos

No que abrangue aos falecementos, cóntanse 464 óbitos, 9 máis que nos datos do luns. Tres deles, segundo os datos achegados pola Xunta, son usuarios de residencias de maiores. Un faleceu na residencia Concepción Arenal da Coruña e outros dous usuarios morreron en hospitais ou as residencias integradas instauradas pola Xunta. Os datos están actualizados ás 21 horas da noite anterior, polo que é posible que as cifras de óbitos cambien durante o día.

Desde o comezo da crise, a Xunta notificou que 204 das persoas falecidas por coronavirus en Galicia (un 43,96% de todas as mortes) son residentes destas instalacións. Desde o 8 de abril, cando se comezou a informar das mortes diarias entre usuarios das residencias, máis da metade dos óbitos en Galicia corresponden a estas persoas.

A relación entre o número de casos e novas altas afástase nos últimos tres días, probablemente polo efecto da fin de semana e o incremento de probas PCR realizadas, xa que se vén superando o récord do día anterior nestas xornadas. Con todo, a tendencia amosa que a diferenza é cada vez menor entre os novos casos diarios e as persoas que se curan.

En atención ás cifras que achega a Xunta, por cada unha das sete áreas sanitarias nas que se reparte o territorio galego, actualmente estase seguindo a 1.417 persoas na área da Coruña-Cee, 610 na de Lugo-A Mariña-Monforte, 1.293 na de Ourense-Verín-O Barco, 515 na de Pontevedra-Salnés, 1.162 na área de Vigo, 1.063 na de Santiago-Barbanza, e 353 na de Ferrol. Por primeira vez nos últimos sete días medra o número de casos activos en todas as áreas. Volven medrar os casos en todas as áreas, sobre todo na provincia de Ourense, que representa un 41,6% do aumento de casos activos, e segue rexistrando a maior incidencia de Galicia.

Así foi a evolución desde o 13 de marzo:

Residencias de maiores

En Galicia, a Consellería de Política Social segue achegando pola súa conta o número de casos activos en residencias de persoas maiores e con discapacidade, que na actualidade supoñen o 21,55% das persoas afectadas en Galicia. 977 usuarios e 406 profesionais destes centros están infectados por coronavirus. O número de usuarios afectados medra en 17 respecto ás cifras do día anterior.

Esta é a situación actual en España:

Sobe a cifra de mortes por coronavirus a 430 en España en 24 horas

En Portugal:

no mundo:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que están aumentando os casos de covid en Galicia? Estas son as claves

Un maior movemento da poboación no verán, a caída da inmunidade e a aparición de novas liñaxes de ómicron poden ser os desencadeantes

Nova variante covid? Estes son os motivos polos que están aumentando os casos en España

O cambio de costumes durante o verán e a relaxación das medidas preventivas explicarían o incremento de contaxios

Sonia Villapol: “En Galicia estímase que 75.000 persoas teñen covid persistente”

A neurocientífica galega acaba de publicar un libro no que reflexiona sobre as leccións aprendidas durante a pandemia

Un equipo galego deseña un sistema para detectar o ARN do coronavirus

Tamén presentou avances en novas ferramentas de Intelixencia Artificial (IA) capaces de acelerar o desenvolvemento de fármacos