Venres 19 Abril 2024

Sobe a cifra de mortes por coronavirus a 430 en España en 24 horas

Segundo o último balance de Sanidade, 21.282 persoas morreron desde o inicio da pandemia, mentres que 204.178 se contaxiaron

A cifra de falecidos diarios en España sobe ata 430. Segundo o último balance de Sanidade, 21.282 persoas morreron desde o inicio da pandemia, mentres que 204.178 se contaxiaron e 82.514 están curadas. A cifra de decesos é a máis baixa do último mes no ‘efecto martes‘, cando medran as estatísticas porque se recollen datos non entregados polas comunidades autónomas na fin de semana.

A pandemia cobrouse a vida de máis de 170.000 persoas no mundo e contaxiáronse 2,4 millóns, segundo a Universidade Johns Hopkins.

Publicidade

Rusia rexistra 5.642 novos casos nas últimas 24 horas, o que representa un incremento fronte aos 4.268 positivos confirmados onte. O total de contaxios sobe así a 52.763, anunciaron este martes as autoridades sanitarias do país. Os falecidos nas últimas 24 horas foron 55. As vítimas mortais ata o momento suman 456.

Alemaña, o quinto país do mundo con maior número de contaxios, rexistra este martes 143.457 positivos por coronavirus, segundo os datos do Instituto Robert Koch. Nas últimas 24 horas certificáronse 1.785 novos casos. As mortes suman 4.598; é dicir 194 máis que o día anterior. A taxa de mortalidade alcanza o 3,2% e a de reprodución do virus subiu ata o 0,9. Un total de 95.200 persoas xa superaron a enfermidade.

Curva de casos acumulados en España. Fonte: Ministerio de Sanidade.

O Ministerio de Saúde de China rexistrou este martes sete novos casos de coronavirus de transmisión local, seis deles na provincia de Heilongjiang e outro na de Cantón, ademais de catro positivos importados. Durante o luns non se produciu ningunha morte por coronavirus, polo que a cifra total mantense en 4.632, despois de confirmarse a corrección dos datos das autoridades de Wuhan, orixe do virus, mentres que o número de contaxios se elevou a 82.758.

En Colombia, o Goberno estendeu o confinamento ata o 11 de maio. O país suramericano rexistra 3.977 casos da covid-19 confirmados e 189 falecidos pola enfermidade.

As autoridades sanitarias de México actualizaron as cifras da pandemia da covid-19 no seu territorio. Hai 8.772 casos de contaxio e as mortes ascenden a 712.

Arxentina foi un dos primeiros países en ordenar o illamento social preventivo e ten un dos menores números de contaxios de Sudamérica: 2.941 casos positivos e 134 mortes.

Galicia, dúas semanas despois do ‘cumio’: a epidemia remite, pero segue presente

O epicentro da pandemia en Sudamérica continúa en Brasil, que rexistra 113 mortes en últimas 24 horas e chega a un total de 2.575, segundo informou o Ministerio de Saúde, que sinalou que xa detectaron 40.581 casos confirmados.

O estado de Nova York, epicentro da pandemia de coronavirus en Estados Unidos, rexistrou 478 falecidos nun día, a cifra máis baixa en dúas semanas.

Irlanda rexistrou a maior cifra diaria de mortes por coronavirus no país. O país contabilizou 77 mortes en 24 horas. Anteriormente, o maior número de mortes foi de 44, o 17 de abril, pero a cifra do luns dobra a do día anterior, cando as autoridades informaron de 39 mortos relacionados coa covid-19. En total, na illa faleceron 687 persoas a causa do coronavirus. En canto aos infectados, Irlanda sumou 401 novos casos, que elevan o total a 15.652.

Casos de Covid-19 por CCAA. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Aquí podes consultar os últimos datos do Ministerio de Sanidade

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Por que aumentan as infeccións respiratorias agudas en España?

Estamos xusto no momento do incremento da curva da gripe que este ano coincidiu co Nadal e o aumento dos contactos sociais

Tes gripe ou covid? Estas son as diferenzas

A inmunóloga África González admite que teñen síntomas moi similares pero que se distinguen polo tempo de incubación e a estacionalidade