Sanidade reduce a cinco persoas as reunións en toda Galicia

O comité clínico da Xunta estende o peche perimetral á Verín, Oímbra e Vilardevós e prohibe actividades non esenciais no Carballiño, O Irixo e Boborás

O crecemento na transmisión do coronavirus SARS-CoV-2 en Galicia que se produciu nos últimos días, sobre todo nas áreas sanitarias de Vigo e Santiago, levou ao comité clínico que asesora á Xunta de Galicia a propoñer un incremento nas restricións e establecer o denominado como nivel 2 en toda Galicia. Isto supón que quedan limitadas a cinco persoas as reunións en todo o territorio galego. A Consellería de Sanidade tamén avanza que esta circunstancia que incidirá na capacidade e na ocupación “dos espazos dos diferentes ámbitos sociais”.

Outra das medidas acordadas é o peche perimetral dos concellos de Verín, Oímbra e Vilardevós, nos que só se permitirán os desprazamentos entre os mesmos, pero non fóra deles, agás por motivos de causa maior. En Santiago de Compostela e a localidade do Milladoiro (Ames) as reunións quedan restrinxidas a grupos de persoas conviventes, polo que os bares e cafeterías, nestes últimos dous casos “tamén verán restrinxido o seus servizos no interior dos locais, quedando limitada a súa actividade ao 50% do número de mesas das súas terrazas”.

Publicidade

Así o informou este serán a Consellería de Sanidade, avanzando unhas medidas que entrarán en vigor na medianoite do mércores ao xoves, despois da publicación da orde correspondente no Diario Oficial de Galicia, e que terán, en principio, unha vixencia máxima sete días ata a vindeira revisión por parte do comité clínico e en función da evolución epidemiolóxica.

Á espera de maiores detalles na orde cós anunciados na noite do martes, segue vixente a prohibición de entrar e saír de fóra dos concellos de Ourense, Barbadás, agás por motivos laborais, educativos ou sanitariosxa que a pesar da redución da incidencia aínda se considera conveniente reforzar as medidas de prevención. Alén disto, decidiuse restrinxir todas as actividades non esenciais nos concellos de Carballiño, O Irixo e Boborás, onde tamén segue vixente o peche perimetral.

Publicidade

O 90% dos contaxios en Galicia estanse a producir en reunións familiares e de amizade

Por outra banda, nas comarcas de Terra de Celanova, Ourense, O Ribeiro, Allariz, Verín e Valdeorras mantéñense, alomenos ata a medianoite do mércores ao xoves, as limitacións decretadas o mércores da pasada semana, e que reducen a capacidade ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración ou hostalería, coa prohibición do consumo en barra, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros. Tamén se limita a asistencia a celebracións, velorios e lugares de culto.

Fóra da provincia de Ourense, e tamén á espera de que o Diario Oficial de Galicia expoña as novas medidas este mércores, continúan as restricións engadidas nos concellos de Lugo, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Cambados, Meis, Poio, Sanxenxo e Pontevedra, coa mesma limitación de capacidade en locais ao 50% e noutras actividades deportivas e da vida social e comunitaria. Todas as medidas vixentes poden consultarse no portal informativo da Xunta de Galicia.

Outra das decisións impulsadas polos Sergas nos últimos días é a posta en marcha de  cribados entre o alumnado universitario con tests serolóxicos e, por outra banda, nos traballadores de residencias sociosanitarios mediante mostras de saliva, usando a técnica de pooling que permite agrupar análises. Do mesmo xeito, parte dos usuarios das residencias de maiores e discapacidade son sometidos cada 14 días a un cribado baseado nun modelo matemático para controlar a posible aparición de brotes.

Mapa de alertas

No que atinxe aos niveis de alerta segundo o número de casos, esta é a situación segundo os datos pechados na tarde do luns:

Máis de 30 municipios atópanse nos dous máximos niveis de alerta establecidos pola Xunta de Galicia (vermello ou laranxa), ao rexistrar nos últimos 7 ou 14 días.

Casos activos

No referente aos casos activos, a cifra medrou este martes ata os 5.205, despois de sumar a serie 457 casos respecto ao parte anterior. Deles, segundo confirma Sanidade, 343 foron confirmados mediante PCR nas 24 horas anteriores. A área de Santiago-Barbanza, con 87 novos casos e unha positividade do 13%, é a zona onde máis medran as novas infeccións.

No referente aos hospitais, a cifra de ingresos volve medrar; xa son 47 persoas na UCI e 277 noutras unidades de hospitalización.

Por áreas sanitarias, estes son os datos pechados na tarde do luns:

En canto aos falecementos, nas últimas horas producíronse preto dunha decena de mortes. Desde o comezo da pandemia morreron en Galicia 831 persoas. E 41 delas finaron na última semana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego crea ferramentas para detectar a sarcopenia a partir de imaxes radiolóxicas lumbares

Unha iniciativa do IIS Galicia Sur analiza datos clínicos con IA para extraer biomarcadores arredor dunha enfermidade ligada ao envellecemento e o sedentarismo

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro