Sábado 20 Abril 2024

‘Investigar en pandemia’, primeiro debate do Día da Muller na Ciencia

Dúas mesas redondas integran o programa de actos que organiza o Concello de Pontevedra en colaboración con Gciencia

Coa mesa de debate Investigar en pandemia bota a andar hoxe, 10 de febreiro, ás 20 horas, o programa do Día da Muller e a Nena na Ciencia que desenvolve a Concellería de Igualdade do Concello de Pontevedra, en colaboración con Gciencia. A efeméride, que se celebra o 11 de febreiro, ten como fin reivindicar e visibilizar o traballo das científicas e investigadoras e fomentar as vocacións técnico-científicas entre as mozas. Mañá será a quenda da mesa STEMbach en tempos da Covid.

Como todo o que está a acontecer no último ano, a Covid condiciona tamén o Día da Muller e a Nena na Ciencia e faino tanto no formato, os debates será na rede -poderanse seguir en directo nas canles de Gciencia (no portal, en Facebook e YouTube) e do Concello de Pontevedra como na temática, xa que as relatoras analizarán o impacto da pandemia no seu traballo.

Publicidade

Investigar en pandemia reúne a catro científicas, docentes e investigadoras que porán enriba da mesa cuestións como: até que punto afectou e afecta a situación de emerxencia na que vivimos ao desenvolvemento das súas tarefas profesionais?; o impacto foi igual que o sufrido polos seus colegas varóns?; o traballo en remoto é ou non un novo atranco na carreira profesional das mulleres; no confinamento a conciliación conxugouse en feminino?; é a pandemia unha oportunidade para pór en valor a ciencia?…

As relatoras serán:

  • Elena Cartea González, doutora en Bioloxía pola USC é dende xuño do 2015, directora da Misión Biolóxica de Galicia. Neste centro do CSIC creou o Grupo de Xenética, Mellora e Bioquímica de Brassicas e botou a andar liñas de investigación pioneiras, unha delas dirixida a identificar compostos bioactivos relevantes para a saúde, mesmo para enfrontar diferentes tipos de cancro.
  • Inés Viana González, doutora en Bioloxía Mariña e Oceanografía Biolóxica pola USC, na actualidade é investigadora no Centro Oceanográfico da Coruña (IEO). Centra o seu traballo en estudos de ecoloxía mariña, en concreto no efecto do incremento de nutrientes e cambio global sobre os organismos mariños.
  • Susana Cid Fernández, doutora en Neurociencia e Psicoloxía Clínica pola USC. Conxuga a labor investigadora coa docencia na Universidade de Santiago. Está centrada no estudo dos cambios cognitivos e condutuais relacionados co envellecemento e no campo da neurorrehabilitación con técnicas NIBS (de estimulación cerebral non invasivas).
  • Iria Vázquez Silva, doutora en Socioloxía e experta en xénero pola Universitat Autónoma de Barcelona e a Universidade de Vigo. Profesora e investigadora na Uvigo. Coautora do informe Xénero e investigación científica na Uvigo en tempos da Covid-19. Centra a súa labor investigadora nas mulleres inmigrantes, a fenda laboral e a violencia machista. Recentemente coordinou coa Editorial Galaxia “Cómplices. A violencia machista institucional” (2020)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

Descobren características do VIH compatibles coa súa curación

Científicos de Sevilla estudaron a persoas cuxo organismo é capaz de dominar o virus sen necesidade de tomar un tratamento antirretroviral

O CSIC acha unha combinación de fármacos eficaz fronte ao SARS-CoV-2

A unión de ribavirina e remdesivir consegue eliminar de forma rápida o virus ao inducir un exceso de mutacións no seu xenoma que lle impiden multiplicarse con eficacia

Máis do 90% das crías de pardela cincenta teñen plásticos no estómago

Un estudo en exemplares xuvenís de Canarias e Azores apunta a esta especie como un biomarcador de refugallos flotantes no Atlántico norte