Sábado 20 Abril 2024

Instrucións para fabricar unha máscara caseira

Tutoriais con base científica para un sistema cun enorme debate mundial e que non nos debe facer esquecer a necesidade do distanciamento social

Hai un fondo debate sobre se empregar ou non a máscara para limitar a expansion do coronavirus. Mentres en Oriente é habitual, mesmo durante a tempada de gripe, en Occidente non é común. E a OMS aínda non recomenda utilizar máscara. Pero nos Estados Unidos xa está recomendada e o Goberno de España estuda actualmente implantala cando se relaxen os criterios de confinamento, non tanto para evitar ser contaxiado como para mitigar a expulsión de saliva daqueles que dean positivo. A realidade, non entanto, é que non existen en España máscaras dabondo para satisfacer a demanda. Polo que varios organismos científicos veñen de recomendar como facer máscaras caseiras, aínda que a OMS advirte que a sensación de falsa seguridade que poden achegar podería ser nociva e insisten en lavar as mans e o distanciamento como medidas máis importantes.

Para fabricar unha máscara caseira que axude a limitar a propagación de gotículas respiratorias que poden conter o virus, estas son as recomendacións do Centro para o Control e Prevención de Enfermidades dos Estados Unidos (CDC) e a Organización Mundial da Saúde (OMS). Con todo, non esqueza que a mellor forma de previr o contaxio é lavar as mans con frecuencia, toser e esbirrar cubríndose a boca e evitar tocarse coas mans os ollos, o nariz e a boca.

Publicidade

As máscaras de tea para a cara (tapabocas) deben:

  • Axustarse ben pero de xeito cómodo contra o costado da cara
  • Suxeitarse con cintas ou cordóns que se enganchan nas orellas
  • Incluír múltiples capas de tea
  • Permitir respirar sen restricións
  • Poder lavarse na lavadora e secarse na secadora sen que se danen nin cambie a súa forma

Actualmente, as autoridades sanitarias dos Estados Unidos recomendan usar máscaras de tea para a cara en contornas públicas onde outras medidas de distanciamento social sexan difíciles de manter (p. ex., supermercados e farmacias), especialmente en áreas onde a transmission comunitaria é significativa.

O CDC tamén aconsella o uso de cubertas de tea para a cara sinxelas para desacelerar a propagación do virus e axudar a evitar que as persoas que poderían telo e non sabelo transmitan o virus aos demais. As cubertas de tea para a cara elaboradas con artigos de uso doméstico ou feitas en casa con materiais de baixo custo poden usarse como unha medida de saúde pública voluntaria adicional.

Non se deben poñer cubertas de tea para a cara a nenos pequenos menores de 2 anos, nin a persoas con problemas para respirar, ou que estean inconscientes ou incapacitadas, ou que doutro xeito non as poidan quitar sen axuda.

As cubertas de tea para a cara recomendadas non son máscaras cirúrxicas nin respiradores N95. Estas últimas son consideradas subministracións esenciais que se deben seguir reservando para os traballadores da saúde e outros membros do persoal médico de resposta a emerxencias.

Débense lavar de maneira regular? Con canta frecuencia?
Si. Deberíanse lavar de maneira habitual de acordo coa frecuencia do uso.

Como se esteriliza ou limpa unha cuberta de tea para a cara de maneira segura?
Usar unha lavadora debería ser dabondo para lavar a cuberta para a cara axeitadamente.

Como se quita de maneira segura unha cuberta de tea para a cara usada?
As persoas deben ter coidado de non tocar os ollos, o nariz nin a boca ao quitar a máscara, e deben lavar as mans inmediatamente despois de quitala.

Cuberta de tea para a cara cosida

Materiais

  • Dous rectángulos de tea de algodón de 25 x 15 cm
  • Dúas tiras elásticas de 15 cm (ou bandas elásticas, cordeis ou cordóns, tiras de tea ou cintas elásticas para o cabelo)
  • Fío e agulla
  • Tesoiras
  • Máquina de coser

Titorial

1. Corte dous rectángulos de tea de algodón de 25 por 15 centímetros. Use material de algodón de fiado apertado, como tea de acolchados ou sabas de algodón. A tea de camisetas pode funcionar nun apuro. Coloque un rectángulo sobre o outro; a cuberta de tea para a cara cósese coma se fose unha peza de tea única.

2. Dobre polos bordos longos e faga un dobradiño de 0,6 cm. Logo faga un dobladillo de 1,25 cm na capa dobre de tea ao longo dos bordos curtos e cósao.

3. Pase un elástico de 0,30 cm de ancho e 15 cm de longo a través do dobradiño máis ancho a cada lado da cuberta de tea para a cara. Estas serán as tiras que se enganchan nas orellas. Use unha agulla longa ou unha pinza para pasar o elástico a través do dobradiño. Ate ben os extremos.
Non ten elásticos? Use cintas ou bandas elásticas para o cabelo. Se só ten cordeis ou cordóns, pode facer as tiras máis longas e atarse a cuberta de tea para a cara detrás da cabeza.

4. Tire do elástico con coidado para que os nós queden dentro do dobradiño. Xunte os costados da cuberta de tea para a cara sobre o elástico e axústeo para que a máscara se axuste á súa cara. Logo cosa ben o elástico para evitar que se deslice.

Cuberta para a cara de corte rápido feita cunha camiseta (método sen costura)

Materiais

  • Camiseta
  • Tesoiras

Titorial

Cuberta para a cara feita cunha bandana (método sen costura)

Materiais

  • Bandana ou pano (ou cadrado de algodón de aproximadamente 50 x 50 cm)
  • Filtro para café
  • Bandas elásticas (ou cintas elásticas para o cabelo)
  • Tesoiras (se vai cortar a súa propia tea)

Titorial

Este vídeo do CDC dos Estados Unidos amosa como facer unha máscara caseira cunha camiseta. O protagonista é o vicealmirante Jerome Adams, cuxo audiovisual deu a volta ao mundo.

E, dende Galicia, os científicos tamén achegan os seus propios sistemas de máscaras caseiras. Tal é o caso da investigadora do CSIC, do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, Beatriz Novoa, con este tutorial:

2 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Por que aumentan as infeccións respiratorias agudas en España?

Estamos xusto no momento do incremento da curva da gripe que este ano coincidiu co Nadal e o aumento dos contactos sociais

Tes gripe ou covid? Estas son as diferenzas

A inmunóloga África González admite que teñen síntomas moi similares pero que se distinguen polo tempo de incubación e a estacionalidade