Xoves 25 Abril 2024

Galicia bate tres veces seguidas o récord de vacinas e suma máis de 270.000 nunha semana

Entre o xoves 29 e o xoves 6 administráronse doses ao 10% da poboación galega, acadando o xx de cobertura cunha dose a maiores de 60 anos

Unha nova semana de vacinacións masivas en Galicia e España está a achegar, cada vez máis, os obxectivos marcados hai semanas polos gobernos. Un dos máis claros exemplos do aceleramento da campaña de inmunización contra a Covid-19 é que se están a adiantar, en cuestión de días, as previsións establecidas hai moi pouco tempo. A mediados de abril a previsión era inxectar unha dose a todos os maiores de 60 anos antes de finalizar o mes de xuño, tal e como expuxera o presidente da Xunta de Galicia; pero o aumento no reparto de doses sitúa este obxectivo, segundo apuntou o propio Feijoo este xoves, na semana que vén, que finaliza o 16 de maio. Tal e como reflicten os últimos datos do Ministerio de Sanidad, difundidos na tarde do venres, o 84,2% dos maiores desta idade teñen polo menos unha dose, e xa completaron a pauta en Galicia o 42,8%.

A evidencia de que o proceso de vacinación vai rachando barreiras antes do previsto é que, desde o pasado martes, o número de doses inxectadas en Galicia está superando rexistros. Se o límite estaba en algo máis de 36.000 diarias ata a pasada semana, o martes puxéronse máis de 43.000, e o xoves e o venres, máis de 45.000. Este xoves, o aumentou concentrouse no grupo de persoas de entre 60 e 69 anos, que pasou do 51 ao 63% con, polo menos, unha dose. En menos dun mes, desde o pasado 9 de abril, puxéronse tantas vacinas en Galicia como desde o comezo da campaña, o 27 de decembro de 2020.

Publicidade

Doses ao 10% da poboación en só sete días

Outro dos fitos que evidencia o volume de doses inxectadas é a suma acumulada entre o xoves 29 de abril e o xoves 6 de maio, data á que pertencen os datos difundidos o venres. Neste tempo, máis do 10% da poboación galega (arredor de 271.000 persoas) recibiu unha vacina. E neste mesmo rango temporal, a cobertura coa pauta completa pasou do 10,62 ao 16,26% da poboación. A porcentaxe de persoas con polo menos unha dose subiu tamén do 29,16% ao 33,44%. Isto é: este xoves, 1 de cada 3 persoas en Galicia tiña xa unha dose da vacina contra a Covid-19.

Por grupos de idade, está a destacar na última semana o avance da protección completa nos maiores de 70 anos. Despois de que os colectivos de persoas institucionalizadas e os maiores de 80 completaran xa a pauta en máis do 95% de cadanseu censo, o grupo de persoas de 70 a 79 anos está a recibir boa parte das doses. Se o pasado venres a cobertura completa era de menos do 2%, este venres a cifra chegaba xa ao 44,6%. De confirmarse na poboación xeral a eficacia das vacinas nos ensaios clínicos (e así o constatan os primeiros estudos preliminares en Galicia) para evitar a morte pola Covid-19 en case o 100% dos casos, a inmunización deste grupo de maiores de 70 anos acabaría con arredor do 90% das mortes que o coronavirus causa.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: “Probablemente xa estea en Galicia”

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

Volven as Líridas: como ver esta chuvia de estrelas dende Galicia

O fenómeno astronómico, que se poderá ver ata o xoves 25 de abril, será pouco visible a causa da lúa chea