A cifra de falecidos sobe ata 551 en España nas últimas 24 horas

O balance diario sinala que 19.130 morreron desde o inicio da pandemia, mentres que 182.816 se contaxiaron e 74.797 se curaron

A cifra de falecidos diarios en España sobe ata 551. Segundo o último balance de Sanidade, 19.130 morreron desde o inicio da pandemia, mentres que 182.816 se contaxiaron e 74.797 están curados.

Máis de dous millóns de persoas contaxiáronse de coronavirus no mundo, das cales máis de 137.000 faleceron, segundo a Universidade Johns Hopkins, que recolle os datos proporcionados polos 185 países que ata o momento detectaron casos de Covid-19. De acordo a esa recompilación, Estados Unidos, con 639.682 infectados e 30.980 mortos, é a nación máis afectada. A pesar diso, o presidente norteamericano, Donald Trump, anunciará este xoves novas directrices para a reapertura da economía nalgúns estados.

Publicidade

Curva de positivos por coronavirus en España. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Italia, que suma 21.645 defuncións, segue a súa tendencia á baixa en contaxios, 2.667 en 24 horas. En Francia, o coronavirus avanza con forza e con 17.167 falecidos achégase cada vez máis ás cifras mortais españolas.

A cifra de positivos por coronavirus en Alemaña suma xa 130.450 casos, segundo os datos do instituto Robert Koch. Iso supón 2.866 novos casos rexistrados nas últimas 48 horas. Hai ademais 77.000 persoas que xa superaron a enfermidade. O instituto conta ademais 3.569 mortes, un total de 315 máis que o día anterior. A taxa de mortalidade volve subir a un novo máximo, ata o 2,7%.

Publicidade

Galicia supera os 6.000 casos activos de Covid-19, cunha mínima suba de positivos

Rusia rexistra 3.448 novos casos de coronavirus nas últimas 24 horas, unha cifra parecida á de onte, cando foron 3.388.

O Goberno de Arxentina confirmou sete novas mortes por covid-19 nas últimas 24 horas, co que suman 112 falecementos desde o inicio da pandemia.

Mapa de positivos oficiais por CCAA. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Aquí podes consultar os últimos datos do Ministerio de Sanidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Ministerio de Sanidade amplía o cribado do cancro de mama entre os 45 e 74 anos

As autoridades europeas, os datos achegados polas comunidades e a evidencia científica avalan a extensión das probas a novas franxas de idade

Memorias dunha pandemia

Como sobrevivir á histeria colectiva ante un gromo de hantavirus. Por Andrea Veiga

O epidemiólogo Juan Gestal: “Non vai ser a próxima pandemia”

O experto explica que o perigo para a poboación global é baixo e que a resposta das autoridades debe centrarse na investigación da orixe do gromo

Incógnitas sobre o hantavirus: as dúbidas ante a posible chegada do cruceiro afectado ás Canarias

O 'MV Hondius' podería afrontar 15 días de illamento en España con traslado dos casos con síntomas compatibles coa enfermidade