Os falecidos diarios caen a 637, a cifra máis baixa dende o 24 de marzo

O total de falecidos en España elévase a 13.055, con 60.000 hospitalizados e 40.000 recuperados

España rexistrou 637 mortos con coronavirus en 24 horas. Trátase do menor número de vítimas mortais nun só día desde o 24 de marzo. O total de falecidos elévase a 13.055, segundo informou o Ministerio de Sanidade. Hai máis de 135.000 contaxiados contabilizados oficialmente, case 60.000 hospitalizados e 40.000 recuperados.

Aínda que todo indica a que España está a empezar a dobregar a curva de mortos e infectados por Covid-19, a realidade é que dende esta fin de semana é o país onde a pandemia do coronavirus está a ser máis mortífera. Xa lle custou a vida a 265 persoas por cada millón de habitantes, segundo os datos deste domingo.

Publicidade

España superou xa o nivel de Italia, país onde comezou a expandirse o brote por Europa. O país transalpino ve xa con claridade os efectos das medidas de illamento da poboación e o número de falecidos aumentou este domingo en 525, a taxa máis baixa desde o 19 de marzo, ata os 15.887.

Máis de 1,2 millóns de persoas contaxiáronse no mundo co coronavirus, case 70.000 morreron e preto de 263.000 curáronse, segundo o reconto da Universidade Johns Hopkins. En Xapón, onde se rexistraron máis de 100 mortes e case 5.000 contagios, o primeiro ministro, Shinzo Abe, planea declarar o estado de emerxencia debido a un significativo aumento dos casos, medida que pode anunciar este luns, segundo a prensa local.

Publicidade

Curva de casos positivos por días. Fonte: M. de Sanidade.

O primeiro ministro británico, Boris Johnson, ingresado nun hospital para someterse a probas, 10 días despois de dar positivo, “segue ao mando”, segundo declarou un dos seus ministros.

Mentres tanto, o novo coronavirus continúa coa súa expansión mundial. En Asia preocupan especialmente Irán e Turquía, e en África, os países van contabilizando aos poucos un leve pero continuo aumento de casos.

O número de persoas na UCI por coronavirus baixa por primeira vez en Galicia

O foco da pandemia xa non se atopa na provincia chinesa de Hubei, onde foi detectado por primeira vez a finais de 2019 e onde xa apenas se rexistran contagios locais, senón que a pandemia atravesou as fronteiras chinesas a un ritmo imparable.

Estados Unidos, con máis de 300.000 casos diagnosticados, é o novo epicentro, ao converterse no país do mundo con máis positivos identificados. O virus tamén vai infectando á poboación doutros países americanos. Canadá é o segundo país deste continente con máis positivos, seguido de Brasil, Chile, Ecuador, México, Panamá e Perú. O resto de Estados latinoamericanos rexistran cada día varias decenas de infectados baixo o constante temor de que o ritmo de novos contaxios, do mesmo xeito que Europa, comece a aumentar de xeito exponencial.

Mapa de casos oficiais de coronavirus por CCAA a 4 de abril. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Aquí podes ler os últimos datos do Ministerio de Sanidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Memorias dunha pandemia

Como sobrevivir á histeria colectiva ante un gromo de hantavirus. Por Andrea Veiga

O epidemiólogo Juan Gestal: “Non vai ser a próxima pandemia”

O experto explica que o perigo para a poboación global é baixo e que a resposta das autoridades debe centrarse na investigación da orixe do gromo

Galicia lidera a mortalidade por sarcoidose, unha rara enfermidade inflamatoria

Ourense e Lugo concentran o maior risco de falecemento por unha patoloxía que pode afectar a todos os órganos, especialmente pel e pulmóns

A OMS alerta de que España xa non é un país libre de sarampelo

En 2024 confirmáronse 227 casos e en 2025 a cifra aumentou a 397, cunha alta porxentaxe de persoas non vacinadas e casos importados