España supera os 100.000 casos e novo máximo de 864 mortes

Os datos oficiais amosan que se acumulan 9.053 falecidos e máis de 102.00 contaxiados desde o inicio da crise sanitaria

España rexistra 864 mortos con coronavirus en 24 horas, segundo o Ministerio de Sanidade, un novo máximo diario, e o quinto día que se superan os 800 falecementos.

Os datos oficiais amosan que se acumulan 9.053 falecidos e máis de 102.00 contaxiados desde o inicio da crise sanitaria. Máis de 22.500 persoas recuperáronse e máis de de 51.000 requiriron hospitalización (case 5.900, na UCI, un incremento do 5% con respecto ao martes).

Publicidade

En Italia, onde case 12.500 persoas morreron desde o inicio da crise, o ministro de Sanidade, Roberto Speranza, confirmou que se estenderán as medidas de confinamento 10 días máis, ata o 13 de abril. A pandemia afectou a máis de 860.000 persoas no mundo e deixa máis de 42.000 mortos, segundo a Universidade Johns Hopkins, cuxo reconto revela que Estados Unidos superou esta madrugada os 4.000 falecementos.

Neste panorama, a pandemia expándese a velocidade nos Estados Unidos (preto de 200.000 contaxiados) e con Trump repetindo agora as palabras de mandatarios de Europa días atrás: “As vindeiras dúas semanas serán moi, moi difíciles”.

Publicidade

O secretario xeral da ONU, António Guterres, afirmou que o coronavirus é a crise “máis difícil” á que se enfronta o mundo desde a II Guerra Mundial, ao tempo que pediu un plan para contrarrestar os impactos socieconómicos da pandemia. “Por unha banda, é unha enfermidade que representa unha ameaza para todos no mundo e, por outro, ten un impacto económico que traerá unha recesión sen precedentes probablemente no pasado recente”, sinalou Guterres nunha rolda de prensa virtual de Nacións Unidas.

Mapa de casos de coronavirus por CCAA a 31 de marzo. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Aquí podes consultar o último informe do Ministerio de Sanidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nova epidemia de ébola: por que declarou a OMS unha emerxencia internacional?

O 15 de maio confirmouse un gromo causado pola especie 'Orthoebolavirus bundibugyoense' na República Democrática do Congo. Por Raúl Rivas

Memorias dunha pandemia

Como sobrevivir á histeria colectiva ante un gromo de hantavirus. Por Andrea Veiga

A OMS eleva a cinco os casos confirmados de hantavirus

A organización asegura que os demais pasaxeiros do 'MV Hondius', que navega en dirección ás Canarias, non presentan síntomas e que o risco para a poboación xeral é "baixo"

O epidemiólogo Juan Gestal: “Non vai ser a próxima pandemia”

O experto explica que o perigo para a poboación global é baixo e que a resposta das autoridades debe centrarse na investigación da orixe do gromo