O investigador Federico Martinón Torres (Ourense, 1971), xefe de servizo de Pediatría no Complexo Hospitalario Universitario en Santiago e experto en vacinas, participa este xoves 29, a partir das 12.15 horas, nun encontro en directo con GCiencia para responder a varias das claves sobre o proceso de vacinación contra a Covid-19. Martinón é ademais coordinador do centro colaborador da Organización Mundial da Saúde (OMS) en seguridade vacinal de Santiago de Compostela, e membro do comité asesor de vacinas da mesma OMS.
No encontro, Martinón responderá a asuntos como os procesos de farmacovixilancia que se desenvolven na actualidade coas vacinas contra o coronavirus, como o resto de fármacos, as perspectivas da campaña de inmunización para os vindeiros meses e os primeiros resultados do descenso de infeccións, como o estudo difundido a semana pasada polo Sergas, que constataba un descenso do 88,4% na positividade das persoas vacinadas.
O encontro estará tamén aberto ás preguntas do público, que poderá transmitir a Martinón as súas cuestións.
Podes enviar as túas preguntas a través deste formulario: