EN DIRECTO | Encontro co doutor Juan Gestal: un ano da pandemia

O profesor emérito da USC, experto en Medicina Preventiva e Saúde Pública, analiza en GCiencia a situación da Covid-19 e responde ás cuestións dos lectores

Desde as 19.30 horas deste xoves, a través das canles de GCiencia en Facebook e Youtube, o doutor Juan Gestal participará nun encontro en directo para analizar a situación da pandemia da Covid-19, desde a aparición dos primeiros casos a comezos de 2020 ata a perspectiva actual, co comezo da inmunización en parte da poboación.

Juan Jesús Gestal Otero (Muros, 1947) é licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1970) e doutor en Medicina pola Universidad de Navarra (1974). Durante a súa carreira ocupou cargos como a xefatura de sección no hospital da Coruña e no hospital xeral de Santiago, xefe de servizo de Medicina Preventiva no Hospital Clínico Universitario de Santiago, a subxefatura provincial de Sanidade da Coruña ou a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

Publicidade

No eido académico, en 1988 acadou a cátedra de Medicina Preventiva e Saúde Pública na USC, da que actualmente é profesor emérito despois da súa xubilación. Foi tamén decano da Facultade de Medicina entre 2011 e 2017. Dirixiu máis de 50 teses de doutoramento e acadou numerosos recoñecementos de institucións europeas e hispanoamericanas.

Durante este ano, o profesor Gestal foi unha das voces máis consultadas polos medios de comunicación para analizar o curso da pandemia en Galicia. Na semana na que se declarou o estado de alarma, e ante a rápida transmisión detectada en zonas como Madrid ou o País Vasco, Gestal avanzou que se acabarían aplicando (como aconteceu apenas un día despois) as mesmas medidas en Galicia. Ademais, formou parte do grupo de expertos en Saúde Pública que remitiu á revista The Lancet dúas cartas nas que se pedía ao Goberno español e as comunidades autónomas a necesidade dunha avaliación independente da xestión da pandemia.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A bordo do hantavirus

O gromo dunha enfermidade potencialmente mortal en alta mar. Por Laura Filloy

O epidemiólogo Juan Gestal: “Non vai ser a próxima pandemia”

O experto explica que o perigo para a poboación global é baixo e que a resposta das autoridades debe centrarse na investigación da orixe do gromo

GCiencia xa se pode engadir como fonte preferida en Google: como ver máis ciencia galega nas túas buscas

O buscador permite agora que o xornalismo científico de calidade gañe peso fronte aos medios xenéricos nos teus resultados

A Comisión de Deontoloxía do Xornalismo de España avala o labor informativo de GCiencia

A entidade destaca que o portal e National Geographic “cumpren coa normativa deontolóxica” e apoia o seu rigor e respecto ás normas éticas do xornalismo