O Sergas detecta un brote de coronavirus no Barbanza con 9 positivos

A orixe do abrocho está nun cidadán que regresou do Brasil e os afectados están actualmente en illamento domiciliario

Primeiro brote de coronavirus na estrea da nova normalidade en Galicia. O Sergas informou hoxe deste abrocho, que mantén nove persoas que deron positivo e están illadas nos seus domicilios na área do Barbanza.

En rolda de prensa, o xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, afirmou que se rexistraron ata nove casos positivos con PCR confirmada despois das probas realizadas nos últimos días ás persoas que estiveron en contacto co primeiro destes infectados, detectado o pasado venres, e que se corresponde a un cidadán que viaxara dende o Brasil.

Publicidade

Os casos os casos están repartidos con 8 en Ribeira e 1 na Pobra do Caramiñal. O primeiro destes contaxios foi a filla dunha persoa que regresou a Galicia tras estar en Brasil “un tempo” e que tomou un voo de volta desde o país suramericano a Lisboa sen que presentase en ningún momento síntoma algún de padecer Covid-19. Porén, o resultado da súa proba PCR foi negativo, aínda que si deu positivo no test de anticorpos.

Con estes datos, o Sergas considera que este foco é ‘importado’, polo que comezou a rastrexar os posibles contactos desta primeira persoa, atopando nas últimas datas outros oito casos activos. As probas realizadas a outras quince persoas deron resultado negativo.

Publicidade

Ningún dos pacientes estudados necesitou atención hospitalaria, aínda que permanecen en corentena preventiva. Durante cando menos catorce días non deben manter contactos con outras persoas, un protocolo que é probable que comecemos a vivir en Galicia a partir de agora, cando aparezan novos abrochos.

En calquera caso, Fernández-Campa trasladou que o dispositivo de seguimento e control dos casos “funciona” porque permitiu “que se detectasen dun xeito precoz estes casos” dende o primeiro positivo.

Un teléfono específico atenderá aos turistas que visiten Galicia e teñan síntomas de Covid-19

Por outra banda, a Consellería de Sanidade activará este luns, 22 de xuño, un novo teléfono específico para atender a todas aquelas persoas que visiten Galicia nos vindeiros meses e evidencien sintomatoloxía da Covid-19 durante a súa estadía na comunidade.

A nova medida ten por obxecto extremar o diagnóstico precoz no territorio galego, ante a apertura das fronteiras e a ausencia de limitacións na mobilidade das persoas.

Nesta mesma liña, a medida pretende facilitar que calquera persoa que visite Galicia nas vindeiras datas, e presente síntomas, poida contactar dun xeito sinxelo cos profesionais do Sergas e que estes podan decidir dun xeito áxil tanto á realización das probas de detección da covid-19 que consideren necesarias, como o seu tratamento, no caso de ser preciso.

Neste senso, no caso de que unha persoa que visite Galicia perciba algún dos síntomas propios da covid-19, esta poderá chamar ao novo número de atención 881 00 20 21 activado polo Servizo Galego de Saúde e, desde o mesmo, recibir toda a información que precise en cada momento.

Cómpre subliñar que, aínda que a persoa que presente sintomatoloxía covid-19 non dispoña da tarxeta sanitaria galega, o Sergas asignaralle unha cita cun profesional sanitario que, tras unha consulta telefónica inicial, poderá determinar o que proceda e, no seu caso, solicitar a proba diagnóstica que considere precisa.

1 comentario

  1. No se puede dejar de vista a esta mortal enfermedad que solo será erradicada cuando aparezca la medicina. Es irracional no observar los protocolos sanitarios en arepuertos y por autoridades en las comunidades. Esto es de vida o muerte, nada de juego. Roberto

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O mar acada os 22 graos en Galicia: as claves dun quecemento inusual para maio

Os sistemas de observación detectan valores moi superiores á media habitual para maio, provocados pola acumulación de calor asociada a episodios persistentes

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie

Como funciona a amizade entre arroaces? Así é como as bateas moldean a súa vida social nas Rías Baixas

O biólogo galego Bruno Díaz revela que as preferencias alimentarias condicionan a formación de vínculos entre cetáceos

O ventilador atlántico pon fin á calor en Galicia cun descenso das temperaturas de case 10 graos

Unha masa de aire frío procedente do noroeste traerá chuvias febles e ceos cubertos a partir do martes 2 de xuño