Venres 29 Marzo 2024

331 mortes en 24 horas en España, que supera os 100.000 curados

Xa son 23.521 os falecidos, 209.465 contaxiados diagnosticados mediante PCR e 100.875 recuperados

A cifra de mortos diarios con coronavirus ascende en España, onde ademais se rexistran xa máis de 100.000 pacientes recuperados. O Ministerio de Sanidade informa de 331 novas vítimas mortais en España en 24 horas, un incremento respecto ao dato do domingo, cando se rexistraron 288. Xa son 23.521 os falecidos, 209.465 contaxiados diagnosticados mediante PCR e 100.875 recuperados dende o inicio da crise sanitaria.

Europa rexistrou unha lixeira mellora nas últimas cifras de falecidos con coronavirus publicadas: varios países contabilizaron as menores cifras de mortos en semanas pola pandemia, que provocou máis de 206.000 decesos e case tres millóns de contaxios no mundo, segundo a Universidade Johns Hopkins. Dous dos países máis golpeados, Italia e España, rexistraron as cifras diarias máis baixas dende fai máis dun mes. Francia contabilizou 242 novos falecidos, cando o sábado foron 369.

Publicidade

O centro de resposta á crise do coronavirus en Rusia informou doutros 50 mortos e 6.198 contaxios nas últimas 24 horas, o que supón un descenso fronte aos 6.361 casos do balance do día anterior. Un total de 87.147 casos xa foron rexistrados no país.

Alemaña volveu a rexistrar un maior incremento de persoas curadas que de novos casos de coronavirus nas últimas 24 horas. En total hai xa 114.500 persoas que superaron a enfermidade, o que supón 2.500 máis que o día anterior, segundo os datos do Instituto Robert Koch. Alemaña rexistra un total de 155.193 casos positivos de coronavirus, o que supón 1.018 persoas máis que o día anterior. O número de mortos suma 5.750; 110 máis nas últimas 24 horas. A taxa de mortalidade elévase a 3,7% e a de reprodución do virus a 0,9.

Curva de casos acumulados en España. Fonte: Ministerio de Sanidade.

China reportou tres novos contaxios de covid-19 nas últimas 24 horas, dous deles importados, aos que hai que engadir outros 25 asintomáticos. O total de casos ata a data elévase, segundo cifras oficiais, a 84.341 persoas, con 4.643 vítimas mortais (5,5%), 78.558 pacientes recuperados (93,1%) e 1.140 aínda activos (1,3%). Ningún destes últimos está localizado xa en Wuhan, epicentro da pandemia.

Na Arxentina rexistráronse 187 mortos con coronavirus e 3.780 contaxios.

Nos Estados Unidos a pandemia segue a presentar cifras arrepiantes. Pero o gobernador de Nova York, Andrew Cuomo, constatou un descenso de falecidos diarios por coronavirus no Estado, ata os 367, respecto a os 437 deste sábado. Aínda que o confinamento segue en vigor ata o vindeiro 15 de maio, algunhas rexións do Estado poderían abrir antes, “con certas precaucións”.

Francia rexistrou un forte descenso no balance diario de mortos: 242 decesos e un acumulado de 22.856. O día anterior contabilizaron 369 falecidos con coronavirus.

Casos de Covid-19 por CCAA. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Aquí podes consultar os últimos datos do Ministerio de Sanidade

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Por que aumentan as infeccións respiratorias agudas en España?

Estamos xusto no momento do incremento da curva da gripe que este ano coincidiu co Nadal e o aumento dos contactos sociais

Tes gripe ou covid? Estas son as diferenzas

A inmunóloga África González admite que teñen síntomas moi similares pero que se distinguen polo tempo de incubación e a estacionalidade