GCiencia estrea unha nova edición do Dicionario da Ciencia

O proxecto audiovisual lanzado en 2020 suma 15 novos capítulos sobre termos científicos en galego

GCiencia estrea este domingo un novo proxecto audiovisual. Trátase do Dicionario da Ciencia, que durante as próximas 15 semanas analizará dunha forma desenfadada outros tantos termos científicos ou relacionados coa ciencia. O formato será similar ao da primeira entrega, lanzado en 2020, tamén baixo a coordinación de Eduardo Rolland e conducido pola actriz Déborah Vukusic, convertida nunha profesora de Ciencias encargada de desenvolver os distintos conceptos.

A nova tempada do Dicionario iníciase cun capítulo dedicado ao Lucecú. Os contidos teñen unha duración aproximada de dous minutos, e están creados para achegar a un público xeneralista conceptos científicos e o seu correcto emprego en galego. A serie conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.

Publicidade

A importancia de normalizar o uso do galego nun ámbito especialmente delicado está na orixe do Dicionario da Ciencia. A imposición de extranxeirismos, a constante actualización terminolóxica e a necesaria exactitude e falta de ambigüidade fan do correcto uso do galego un factor fundamental de normalización, ademais dunha útil ferramenta para a expansión do idioma propio de Galicia.

O proceso de normalización do galego científico é crucial para que os seus falantes perciban que todos os contidos de calquera tema poden ser comunicados nesta lingua e sintan a ciencia como algo próximo. Trátase dun traballo con distintas vertentes, como a que afecta a léxicos e vocabularios e na que caben incluso propostas puntuais.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua

Como revivir a lingua

Estas son as estratexias das marcas para recuperar o galego, dende o derbi galego ata Inditex. Por Andrea Veiga

O novo acordo lingüístico permitirá impartir Matemáticas, Tecnoloxías e Física e Química en galego

Os centros educativos poderán decidir a repartición das materias na ESO, respectando o equilibrio do 50% entre os dous idiomas

Celta vs. Deportivo: dúas formas de reivindicar a lingua galega dende o fútbol

As estratexias de comunicación de ambos clubes buscan reforzar o vínculo coa afección e coa cultura do territorio a través do idioma