Dicionario da Ciencia: ‘As palabras da pandemia’

A pandemia deixa unha morea de novas palabras no Dicionario da RAG que repasamos neste novo vídeo da nosa serie 'Dicionario da Ciencia'

A pandemia do novo coronavirus chegou tamén cunha chea de palabras que se incorporan ao Dicionario da Real Academia Galega. O seu Seminario de Lexicografía acordou este ano incorporar voces como Covid-19coronavirusteletraballodesconfinamento e desescalada xunto a outras palabras de uso crecente en plena pandemia.

A crise sanitaria tamén deixou pegada entre os termos máis buscados no dicionario en liña da academia. Xunto aos que adoitan repetirse todos os meses, como máisfóra ou botar, este ano as procuras das palabras corentenaconfinamentomáscara pandemia foron as que máis medraron.

Publicidade

Novas entradas

A palabra covid-19 é un dos novos lemas que o Seminario de Lexicografía acordou incorporar ao Dicionario en resposta á irrupción na fala cotiá de distintos termos relacionados coa crise provocada por esta enfermidade. O termo é resultado da rápida lexicalización que experimentou o acrónimo do inglés Coronavirus Disease 2019 ‘doenza por coronavirus 2019’, como sucedeu no seu día coa sida, a ‘síndrome de inmunodeficiencia adquirida’.

Publicidade

O Dicionario recolle tamén a posibilidade de seguir a consideralo un acrónimo, de xeito que pode ser escrito igualmente con maiúsculas, COVID-19, ou só con maiúscula inicial, Covid-19. Alén da escolla neste sentido, o xénero é sempre feminino, en concordancia co da voz ‘enfermidade’ á que se refire.

O termo coronavirus incorporouse tamén ao Dicionario, que se fai eco así da súa popularización en só cuestión de semanas por mor do SARS-CoV-2, o coronavirus causante da pandemia de covid-19. Entre as novas voces figuran outros termos da medicina relacionados coa pandemia como os substantivos femininos sepse e sepsia (sinónimos de septicemia, que xa aparecía recollido), ou asintomáticoasintomática, o antónimo de sintómático, formado co prefixo a- de orixe grega, que indica negación.

A familia léxica de teletraballo, formada a partir do prefixo de orixe grega tele- (a distancia) e cada vez máis empregada ao se converter nunha modalidade prioritaria no estado de alarma, xa está recollida tamén dende hoxe no Dicionario, que completa a entrada de traballo co fraseoloxismo traballo a distancia, de idéntico significado. De igual maneira, xunto á palabra webinario, o Seminario de Lexicografía acordou engadir o fraseoloxismo seminario web na entrada de seminario.

O Dicionario enriquécese tamén coas voces desconfinamento e desescalada –formadas, unha vez máis, cun prefixo (neste caso des-) a partir de palabras que xa figuraban no Dicionario–, infodemia e resiliente, e incorpora as acepcións de resiliencia relativas á capacidade de adaptación a situacións adversas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

Ética científica

O debate está servido tras a retirada do artigo de Barbacid sobre o cancro de páncreas. Por Laura Filloy
01:04:45

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Obstáculos da carreira investigadora

A enxeñeira Soledad Torres, a bióloga Iria Gómez Touriño e a enfermeira Ainara Díaz Geada participan na última sesión do ciclo de GCiencia e da Deputación de Pontevedra

GCiencia lanza unha nova edición do ciclo de charlas ‘Ciencia en feminino’

O programa en colaboración coa Deputación de Pontevedra arrinca o mércores 4 coa entrevista da inmunóloga África González