Dicionario da Ciencia: “A gaivota dixo quark”

Os quarks son os compoñentes máis básicos da materia. En física de partículas, os quarks son os fermións elementais masivos que interactúan fortemente formando a materia nuclear e certos tipos de partículas chamadas hadróns. Xunto cos leptóns, son os constituíntes fundamentais da materia bariónica. Varias especies de quarks combínanse de maneira específica para formar partículas subatómicas tales como protóns e neutróns. Os quarks son as únicas partículas fundamentais que interactúan coas catro forzas fundamentais.

A palabra ten a súa orixe na onomatopea do canto da gaivota en inglés: “Quark!”. A palabra foi elixida polo descubridor dos quarks, o científico Murray Gell-Mann, cando estaba a ler o libro do escritor irlandés James Joyce titulado ‘Finnegans Wake’ e deste texto tomou a súa ortografía:

Publicidade

Three quarks for Muster Mark!
Sure he has not got much of a bark
And sure any he has it’s all beside the mark.
Do libro Finnegans Wake de James Joyce

Gell-Mann, que gañaría o premio Nobel, declarou máis tarde que a palabra ‘quark’ soaba ben. E a expresión “tres quarks” (three quarks en inglés) encaixaba particularmente ben, xa que ao principio só había tres quarks coñecidos.

Publicidade

O premio Nobel Murray Gell-Mann.

Así que estas partículas elementais teñen a súa etimoloxía no berro das gaivotas. A Real Academia Galega aínda non recoñeceu a palabra ‘quark’, que non aparece no seu Dicionario de ningún xeito ou variante do nome orixinal en inglés: quark.

‘Dicionario da Ciencia’ é unha serie de audiovisuais producidos por GCiencia, e presentados pola actriz Déborah Vukusic, que afondan dun xeito desenfadado nas palabras relacionadas coas ciencias.

2 COMENTÁRIOS

  1. Nunca escoitei unha gaivota dicir “quark” (e mira que teño escoitado gaivotas). Outra posibilidade é a que indican no dicionario Merriam-Webster: “Joyce clearly meant quark to rhyme with Mark, bark, park, and so forth, but Gell-Mann worked out a rationale for his own pronunciation based on the vowel of the word quart: he told researchers at the Oxford English Dictionary that he imagined Joyce’s line “Three quarks for Muster Mark” to be a variation of a pub owner’s call of “Three quarts for Mister Mark.” En calquera caso ten todo o sentido. O Finnegans Wake é tan difícil de entender (ou máis) que a física das partículas elementais 😉

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Investigadores da UDC contribúen á observación da desintegración de barións máis rara rexistrada

O científico Jeremy Dalseno foi recoñecido pola 'American Physical Society' polo seu papel na confirmación deste proceso, que ocorre unha vez cada 100 millóns de decaementos

Un proxecto galego revela os descoñecidos movementos das aves mariñas con tecnoloxía GPS

Os resultados achegan novas claves para a conservación das especies e a súa convivencia coa actividade pesqueira, en busca de medidas adaptadas

Os embrións das aves escoitan as conversacións dos seus pais dende o ovo

Un estudo da Universidade de Vigo estudou 44 familias de gaivota patiamarela da illa de Sálvara para atopar diferenzas durante a incubación

As gaivotas trasladan centos de quilos de plástico dos vertedoiros ás reservas naturais

Un equipo internacional liderado pola Estación Biolóxica de Doñana do CSIC desenvolveu un modelo de deposición de residuos baseado na dieta e o movemento destas aves