QUIZ: Canto sabes dos faros de Galicia?

Un Trivia de dez preguntas sobre os faros da costa galega

O faro de Cabo Vilán.

Cal é o faro máis alto sobre o nivel do mar?

Correct! Wrong!

O faro das illas Cíes é o máis alto de Galicia con 187 m sobre o nivel do mar

Que alcume ten a sirena do faro de Fisterra?

Correct! Wrong!

A Vaca de Fisterra foi instalada en 1888 para alertar aos buques nos días de brétema

Que faro está situado no punto máis occidental de Galicia?

Correct! Wrong!

O cabo Touriñán é o punto máis occidental de Galicia e o segundo de Europa tras o cabo da Roca en Portugal

Cal é o faro eléctrico máis antigo de Galicia e de España?

Correct! Wrong!

O faro de Cabo Vilán converteuse en xaneiro de 1896 no primeiro en España en ter luz eléctrica

Cal foi o segundo faro construído en Galicia tras a Torre de Hércules?

Correct! Wrong!

O faro da Guía, na ría de Vigo, foi construído en 1844, o segundo tras da Torre de Hércules case dous mil anos antes...

Cal é o faro máis ao norte de Galicia?

Correct! Wrong!

O faro máis ao Norte está en Estaca de Bares

Cal é o faro coa luz de maior alcance?

Correct! Wrong!

A luz do faro de Vilán alcanza 28 millas; Estaca de Bares e illa de Ons, 25; Touriñán e Cabo Silleiro, 24

Cal foi o último faro construído en Galicia?

Correct! Wrong!

O faro de Punta Nariga foi inaugurado en 1998, é obra do arquitecto César Portela, e é o máis moderno de Galicia

Que faro foi construído a raíz da traxedia do Serpent (1890)

Correct! Wrong!

O faro de cabo Vilán foi construído en 1896 tras do naufraxio do Serpent no que morreron 172 tripulantes, soterrados no Cemiterio Inglés

Xunto a que faro de Galicia podes atopar unha bota de bronce?

Correct! Wrong!

Un dos monumentos ao peregrino xunto ao faro de Fisterra é unha bota de bronce

Canto sabes dos faros de Galicia?
Es todo un experto nos faros de Galicia!
Sabes moito pero aínda tes faros por descubrir...
Seica tes saír coñecer os faros de Galicia...

Share your Results:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.