Aulas científicas no Museo do Dolmen de Dombate coa Deputación da Coruña

O programa ‘A luz da ciencia dende o Dolmen de Dombate’ componse dunha serie de charlas para poñer en valor patrimonio, ciencia e turismo

A ciencia será a protagonista do programa que a Deputación da Coruña, en colaboración co Concello de Cabana, bota a andar o vindeiro venres día 26 de marzo coa primeira xornada no Museo do Dolmen de Dombate e disponíbeis na rede desde o día 27.

A astronomía é o centro do primeiro dos encontros científicos que se desenvolven, como destacou o físico e coordinador Jorge Mira, no territorio en que se produce o último sol de Europa, cun grande potencial para o turismo astronómico. Na presentación participaron tamén o deputado de Patrimonio, Xosé Luís Penas e o alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño.

Publicidade

A Aula de Estudos Científicos da USC acolleu hoxe, martes 23 de marzo, a presentación do programa ‘A luz da ciencia desde o Dolmen de Dombate’, unhas aulas científicas organizadas pola área de Patrimonio da Deputación da Coruña coa colaboración do Concello de Cabana de Bergantiños. Esta iniciativa de divulgación científica estrutúrase en xornadas de periodicidade trimestral.

O deputado de Patrimonio, Xosé Luís Penas, agradeceu a colaboración do Concello de Cabana, e sinalou que estas xornadas “veñen para quedarse cun programa específico que vai tocar moitos temas, desde a astronomía ás vacinas ou outros aspectos da pandemia e tamén de patrimonio”. Anunciou que serán cinco as xornadas que terán o Museo de Dombate como escenario, coordinadas polo científico Jorge Mira, co obxectivo de “facilitar o acceso de información científica a toda a sociedade” e, neste sentido, apuntou tamén que as xornadas serán posteriormente de acceso libre na rede, co fin de chegar a un número maior de público do que permite o protocolo da Covid-19.

Publicidade

Ademais, o deputado fixo fincapé na vontade de poñer en valor e achegar á sociedade o riquísimo patrimonio da Deputación da Coruña que é referente para accións como a que agora comezan en Dombate. O alcalde Muíño quixo sinalar “en nome do Concello de Cabana” estamos “moi contentos coa organización destas xornadas no que nós chamamos ‘A catedral do megalitismo’.

Un intre da presentación das xornadas no Museo do Dolmen de Dombate.

Pola súa parte, Jorge Mira, definiu as xornadas como “unha acción maior de goberno da Deputación da Coruña” que, precisamente pola pandemia, vai ser difundida por medios dixitais e poderá chegar a unha poboación máis ampla. “Este acto está xa deseñado de partida para estar disponible en rede e vai ser dirixido á comunidade virtual, algo moi importante que poucas institucións están facendo co cal a chegada vai ser moito máis intensa”, explicou Jorga Mira na súa intervención en que definiu o programa como “unha aposta do máximo nivel comezando pola astronomía que está enraizado na maxia da provincia da Coruña e no dolmen de Dombate”.

Esta primeira aula poderase seguir a través de Internet a partir do sábado 27 de marzo, sendo o primeiro dos capítulos que farán parte dun espazo formativo que estará dispoñible tanto nas webs da Deputación da Coruña como do Concello. A gravación deste primeira aula terá lugar os días 26 e 27 de marzo, e poderá ser seguida de xeito presencial por un número de asistentes pequeno por mor das restricións sanitarias.

Os temas desta primeira entrega serán: ‘Cousas e movemento do ceo’, a cargo do astrónomo Borja Tosar; ‘Como definiu a astronomía a orientación dos monumentos antigos? Estudo arqueoastronómico do Dolmen de Dombate’, a cargo de A. César González García, Presidente da Sociedade Europea para a Astronomía na Cultura; ‘Busca dos puntos de último solpor da Europa Continental’, a cargo de Jorge Mira; ‘O Camiño do Sol a través da paisaxe’, a cargo de Fernando Rey Daluz, experto en fotografía astronómica; e a mesa redonda ‘Posibilidades de desenvolvemento vinculadas á observación astronómica na Costa da Morte’, coa participación do alcalde, José Muíño, Jorge Mira, Fernando Rey e Xosé Luís Penas, moderados por Santiago Garrido Rial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:03:07

CIFP Paseo das Pontes, o valor da formación en cociña e gastronomía

Beatriz Sotelo, docente no centro, fala da importancia da ensinanza da especialidade e de facelo con produtos locais e de calidade

MEGA, un museo da cervexa para todos os sentidos

Estrella Galicia inaugurou en 2019 a instalación para crear unha experiencia en torno á marca, pero apostando polo ámbito cultural

Do Ribeiro a O Gato Negro e de Rodolfus a Casa Ponche: un paseo polos nove Soletes da Coruña

A distinción da Guía Repsol recoñece na provincia desde negocios tradicionais a restaurantes de recente creación

O mellor café de España sérvese en Compostela

Jacobo Abeijón e Beatriz Rial rexentan en Santiago Shop me Coffee, galardoada nos BCN Coffee Awards