Galicia, Portugal e Noruega irmandadas polos últimos solpores

O Consello da Cultura Galega convoca a xornada “A costa do solpor europea: unha irmandade atlántica”, o 24 de marzo, aberta ao público xeral

Hai lugares no mundo investidos dun encanto especial polo feito de seren o punto do primeiro amencer ou solpor dunha área xeográfica. No caso de Europa ese punto non é único, debido a que as condicións de iluminación solar do planeta mudan durante o ano.

Tal percorrido solar vai definindo unha serie de cinco localizacións ao longo da súa costa atlántica continental: Cabo de São Vicente e Cabo da Roca (Portugal), Costa da Morte (Galicia) e Aglapsvik e Måsøy (Noruega), irmandadas así por esta circunstancia astronómica, que lles engade un novo atractivo turístico.

Publicidade

A xornada, dirixida polo catedrático da USC Jorge Mira, basease no seu traballo de investigación A última posta de sol na Europa continental publicado na revista ‘Cartography and Geographic Information Science’, incluída entre as de máis impacto no ámbito temático da Xeografía.

Celebrarase o día 24 de marzo, data sinalada por ser dende ela ata o 24 de abril cando se pode contemplar na franxa Cabo Touriñán-Cabo Fisterra na Costa da Morte o último solpor da Europa Continental e tamén dende o 18 de agosto ao 19 de setembro.

Publicidade

Nesta xornada, ademais de debullar os detalles xeográficos, abordaranse as posibilidades de desenvolvemento turístico asociadas á singularidade que une eses lugares.

Será no Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela, dende as 9:30 da maña ata as 18:00.

Máis información nesta ligazón do Consello da Cultura Galega

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Onde se ve o mellor solpor dende o teu concello? Compróbao neste mapa interactivo

A aplicación Sunset Atlas calcula a visibilidade do horizonte nun punto exacto a través de datos do relevo e da vexetación

Unha eclipse e o último solpor: a Costa da Morte vivirá un espectáculo astronómico único en Europa

O proxecto Atlantic Sunset sitúa Galicia entre os mellores enclaves do continente para a observación do fenómeno cunha magnitude de totalidade próxima ao 99%

Unha conversa con Otero Pedrayo: un chatbot permite dialogar co escritor a partir da súa obra

O Consello da Cultura Galega e Galaxia presentan un modelo de intelixencia artificial para explorar o legado do autor coa garantía da fidelidade histórica

Carlos García-Galán: “Chegar á Lúa é o primeiro paso, agora o obxectivo é vivir alí permanentemente”

O director do proxecto 'Moon Base' da NASA visita Galicia para analizar os desafíos científicos e tecnolóxicos de crear unha base humana no satélite