Os Ancares e O Courel, distinguidos como ‘Mellor destino de montaña 2023’

O selo Observer revalida a certificación aos dous espazos naturais, que xa recibiran o recoñecemento en 2019

O destino turístico Ancares-Courel (Lugo) presenta un patrimonio natural, excepcional en Galicia, que unido a unha boa xestión do recurso e á promoción dun tipo de turismo sostible e desestacionalizador, fan que este espazo natural sexa, un ano máis, recoñecido por Observer e distinguido como “Mellor destino de montaña 2023”. A xeoloxía, a botánica e os seus ceos escuros, sen contaminación lumínica, distinguen e explican a singularidade do territorio.

Observer, entidade especializada na identificación e promoción de destinos de turismo científico, outorgoulle en 2019 a certificación de destino de turismo científico ás Montañas de Ancares e Courel, que agora ven revalidado o distintivo. Observer que conta na actualidade con máis de 400 destinos en toda España, na súa maioría en Galicia, continúa deste xeito sumando e reafirmando espazos á súa oferta turística de destinos non só interesantes, senón sostibles.

Publicidade

O patrimonio dende a divulgación

Segundo explican, hai varios aspectos importantes, á parte do patrimonio natural e cultural, a considerar á hora de valorar un bo destino de turismo científico. Os contidos divulgativos, como rutas e guías, a interactividade, a accesibilidade, o persoal capacitado e as instalacións son só algúns deles. Os destinos turísticos certificados por Observer ofertan habitualmente actividades como visitas guiadas, charlas de expertos, e dispoñen de contidos para que os visitantes poidan comprender e valorar máis o que están visitando.

O turismo científico é un tipo de turismo no cal os viaxeiros visitan lugares relacionados coa ciencia e a tecnoloxía, xardíns botánicos, parques temáticos e museos de ciencias, observatorios e tamén espazos naturais singulares, coma este das montañas de Ancares e Courel. O obxectivo, sempre, é descubrir o patrimonio natural e cultural desde perspectivas non só paisaxísticas, senón tamén divulgativas.

Publicidade

Como explican desde a xerencia de Observer, trátase de poñer en valor a ciencia que hai detrás de moitos dos espazos turísticos que habitualmente son visitados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un ciclo de divulgación científica leva a investigación sobre Galicia a seis vilas do Camiño de Santiago

A iniciativa de Observer ‘Camiños de Ciencia’ celebrarase entre setembro e novembro con charlas gratuítas arredor da arqueoloxía, xeoloxía ou astronomía

Un estudo pioneiro desvela como responden as aves ao primeiro megaincendio rexistrado en Galicia

A intensidade das lapas reduciu a diversidade, mentres que a presenza de áreas con distinto nivel de afectación favoreceu a recuperación ecolóxica

A riqueza baixo os carballos: un estudo pioneiro con participación da USC revela a súa diversidade fúnxica

A investigación identifica 297 especies asociadas ás raíces destas árbores no norte peninsular e confirma a existencia de extensas redes biolóxicas

Un pazo do século XVII nos Ancares entra na Lista Vermella do Patrimonio polo seu grave estado de ruína

A asociación Hispania Nostra incorpora a inmoble tras constatar danos estruturais severos na coberta e no interior