Desmontando Mitos en catro minutos, o novo pódcast da colaboración de Gciencia coa Fecyt

O xornal da ciencia estrea este sábado a cuarta temporada da serie creada para combater falsas crenzas

Por cuarto ano consecutivo, Gciencia incorpórase ao principal plan estatal de cultura científica coa estrea este sábado, 16 de decembro, de Desmontando Mitos, a serie audiovisual que dá voz á comunidade científica e combate a desinformación. O proxecto realízase co apoio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt), do Ministerio de Ciencia e Innovación, e a colaboración da Universade de Santiago de Compostela (USC). Esta edición incorpora como novidade un pódcast de nova creación co testemuño de investigadores, con pezas de catro minutos que permitirán sintetizar algunhas das principais falsedades disfrazadas de argumentación científica.

Desta maneira, o portal da ciencia galega publicará nas próximas dez semanas outros tantos contidos multimedia de carácter divulgativo que tratarán de desmontar mitos baseados en pseudociencias ou en incertezas, que difunden incorreccións científicas sobre saúde, alimentación, ecoloxía ou clima. Combater estas e outras falsas crenzas, familiarizar o cidadán co método científico, fomentar o pensamento crítico e dotar á sociedade de instrumentos fronte ás falsas mensaxes son os obxectivos desta cuarta temporada. Gciencia publicará semanlemnte reportaxes, pezas audiovisuais e capítulos do novo pódcast.

Publicidade

Para todo isto, o proxecto conta coa participación da comunidade investigadora da USC, que achegará os seus coñecementos e estudos para dar respostas aos temas de actualidade e outras crenzas estendidas na opinión pública, dende unha perspectiva crítica e científica.

A proposta de GCiencia foi unha das seleccionadas pola fundación ministerial na liña de fomento do pensamento crítico, unha das cinco áreas de actuación que contempla o programa da fundación na súa última edición. O seu obxectivo é dotar á sociedade dos instrumentos precisos para revisar as múltiples mensaxes e contidos que cada día se reciben en diversos formatos, e poder distinguir os datos falsos ou non suficientemente contrastados. As actuacións de fomento do pensamento crítico están dirixidas a formar á cidadanía na metodoloxía e nas características principais do método científico, como paso clave e esencial na loita contra as pseudoterapias e as pseudociencias.

Publicidade

16 de decembro, o primeiro episodio

Desmontando Mitos arrinca este 16 de decembro cunha reportaxe sobre a menta como antídoto da ortiga. Os contidos —tanto escritos como audiovisuais, todos eles en galego e castelán— difundiranse a través de Gciencia e as súas canles nas redes sociais.

Como nas anteriores edicións, cada reportaxe audiovisual irá acompañada dun artigo no que se profundará en cada un dos asuntos. Un dos obxectivos de Desmontando Mitos é achegar o pensamento crítico ao campo educativo, polo que os audiovisuais estarán tamén enfocados ao seu uso nas aulas. Así, a serie pretende, deste xeito, impulsar a interacción e a participación nestas cuestións a través das redes sociais, un dos principais terreos nos que se propagan as mensaxes desinformativas e pseudocientíficas nos últimos anos.

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía é unha entidade adscrita ao Ministerio de Ciencia e Innovación, que trata de dar resposta ás necesidades e retos do sistema español de ciencia, tecnoloxía e innovación. A súa convocatoria anual de axudas para o fomento da cultura científica, tecnolóxica e da innovación é coñecida pola esixencia do seu comité de avaliación.

GCiencia xa participou en edicións anteriores da convocatoria da FECYT, poñendo en marcha iniciativas como A Ciencia dos Porqués, Ciencia en Vivo, Innovar para Emprender ou BioGalicía, que alcanzaron unha importante repercusión.


Proxecto desenvolvido en colaboración coa Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos