Pódcast | Que son os robots autónomos? Riscos e beneficios para o futuro

O investigador do CITIC Richard Duro fala no terceiro episodio de O Descodificador do proxecto PILLAR-Robots

Un robot capaz de coidar as persoas maiores ou un coche autónomo que non precise da condución humana para procesar e entender os sinais de tráfico. O futuro está aquí e o obxectivo co que os investigadores conciben os robots non é outro que mellorar a nosa calidade de vida e alixeirar as tarefas cotiás. Pero non todo é doado, e aínda queda moito por facer para conseguir unhas máquinas o máis autónomas posible. Así o expón o investigador Richard Duro no terceiro episodio de O Descodificador, un pódcast de GCiencia en colaboración co CITIC. No capítulo Que son os robots autónomos? Riscos e beneficios para o futuro falamos do proxecto PILLAR-Robots, que lidera Duro dende o centro de investigación coruñés, pero tamén desmontamos moitas falsas crenzas que se difunden en medios e redes sociais sobre o futuro da robótica.

De feito, o investigador do CITIC critica as mensaxes catastrofistas que difunden unha idea vil da intelixencia artificial, sobre todo tras o auxe de Chat GPT. “É unha ciencia en cueiros”, asegura Duro, e insta a ser realistas. De momento, os robots autónomos están nunha etapa moi inicial e moi afastada das profecías máis apocalípticas. O proxecto que lidera, PILLAR-Robots, busca precisamente maximizar a autonomía destas máquinas en varios campos de actuación, como a industria, a educación e o entretemento, e a agricultura, susceptibles de ampliarse. Isto e moito máis, neste novo episodio de O Descodificador, onde Duro reclama maior divulgación contra os prexuízos da robótica.

Publicidade


Episodio realizado por Laura Filloy

Edición: Carlos Tresandí

Publicidade


Escoita O Descodificador nas plataformas de pódcast: Spreaker, Spotify, Ivoox, iHeart, Deezer, Podcast Addict, JioSaavn e Podchaser.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Da cosmoloxía moderna á física solar: os congresos que marcarán a semana da eclipse na Coruña

A cidade reunirá durante catro días a investigadores de referencia internacional para abordar as grandes incógnitas do universo e os últimos avances da estrela

Nace ConfIA, unha rede que aglutina dez universidades para impulsar unha IA confiable e responsable

O CITIC e o CiTIUS representarán a Galicia nesta iniciativa que reforzará a cooperación científica, a captación de talento e a transferencia de coñecemento

A UDC crea unha plataforma de IA para personalizar o tratamento da incontinencia urinaria feminina

O proxecto XINE-IA combinará datos clínicos, tecnoloxías terapéuticas e experiencia de pacientes para apoiar aos profesionais sanitarios

Galicia impulsa unha infraestrutura cuántica pioneira ao servizo da investigación

O CITIC obtén unha axuda de 1,04 millóns de euros que financiarán proxectos con impacto nos ámbitos da saúde, a industria ou a ciberseguridade