Pódcast | É realmente necesaria unha lei sobre intelixencia artificial?

A investigadora da UDC Patricia Faraldo aborda no cuarto episodio de O Descodificador as implicacións legais desta tecnoloxía en auxe

A Unión Europea aprobou en xuño deste ano unha proposta de lei para regular a intelixencia artificial. Agora, os países membros están en plena negociación da normativa co obxectivo de que poida entrar en vigor, como moi tarde, en 2026. De conseguilo, será a primeira lei do mundo en regular esta tecnoloxía de rápida expansión e crecemento, que xa está presente nas nosas vidas cotiás e laborais. Con esta medida pioneira, a Unión Europea quere garantir a seguridade da cidadanía, pero… Precísase esta medida? Abordamos esta cuestión no cuarto episodio de O Descodificador, un pódcast de GCiencia en colaboración co CITIC. Neste capítulo, titulado É realmente necesaria unha lei sobre intelixencia artificial?, falamos con Patricia Faraldo, doutora en Dereito na Universidade da Coruña.

Neste cuarto episodio, a investigadora resolve todas as dúbidas xurdidas arredor desta proposta e o seu futuro como primeira lei de intelixencia artificial do mundo. Para evitar quedar obsoleta, regula usos e non tecnoloxías, e prohibe expresamente algunhas prácticas, como o recoñecemento facial das emocións por entender que atenta contra os dereitos humanos. Do que Faraldo non ten dúbida é da importancia desta futura lei e da súa aprobación, amplamente reclamada polo sector. Tamén explicará como se combaterá a través desta medida lexislativa as fake news e os dereitos de autor. E finalmente, analizará por que é tan importante adaptar a norma europea a cada unha das realidades dos países membros, especialmente no que respecta a España e o seu contexto.

Publicidade


Episodio realizado por Laura Filloy

Edición: Carlos Tresandí

Publicidade


Escoita O Descodificador nas plataformas de pódcast: Spreaker, Spotify, Ivoox, iHeart, Deezer, Podcast Addict, JioSaavn e Podchaser.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Usar a IA sen entendela: que consecuencias ten para os estudantes?

Aínda que un 'chatbot' responda con confianza isto non garante a súa veracidade. Por Juan José Lorenzo Castiñeiras, Andrea Fernández-Sánchez e Isabel Fernández-Menor

Pódcast | O Shazam da música tradicional galega

A investigadora do CITIC Hilda Romero Velo mestura partituras, computación e bioloxía na súa tese para avanzar na investigación etnográfica musical

Por que todos os carteis feitos con IA son iguais?

A intelixencia artificial acelera a estandarización visual ao empregarse os mesmos 'prompts' e ferramentas. Por Iria María Santos López

Unha plataforma desenvolvida en Vigo abre novas vías para a rehabilitación da cognición social con IA

O proxecto ET-Plus, impulsado polo IIS Galicia Sur, personaliza o adestramento de habilidades en persoas con patoloxías mentais graves ou adiccións