Podcast | Como revolucionar o sector naval a través da dixitalización

O investigador do CITIC Salvador Naya explica en O Descodificador como A Coruña lidera a aplicación das novas tecnoloxías nos estaleiros

Galicia é referente a nivel mundial no sector naval. Máis aínda no impulso da súa dixitalización. Así de contundente soa o investigador do CITIC Salvador Naya, coordinador do proxecto europeo EDINAF. O obxectivo desta iniciativa é, precisamente, converter a industria do continente en punteira no que a novas tecnoloxías se refire. É dicir, avanzar nunha necesaria dixitalización dos procesos para actualizar un sector que, comparado co asiático, estivo moi atrasado dende comezos deste século. O gran punto de inflexión foi o ano 2011, cando Alemaña se situou como o epicentro da revolución industrial no sector naval. A partir de aí proponse un libro branco para reformular a industria dende o punto de vista de tecnoloxía. E aí, en todo ese longo proceso, o CITIC está a ter un papel protagonista.

Naya é un dos investigadores da Universidade da Coruña máis comprometidos con este obxectivo. De feito, el veu nacer o CENI, o centro mixto da institución coruñesa e Navantia. Esta colaboración comeza a súa andaina en 2015 coa constitución dunha unidade mixta outorgada pola Xunta e consegue o seu colofón en 2022, cando se inaugura o centro. “Estamos no centro da investigación e en contacto directo co que está a investigar Navantia. Temos ao lado o mellor laboratorio posible, máis aínda non sector tan altamente competitivo como o naval. Con este centro mixto formamos enxeñeiros de moi alto nivel”, di Naya no último episodio da segunda tempada de O Descodificador, o podcast de GCiencia en colaboración co CITIC.

Publicidade

Do militar ao civil

A base de EDINAF está na industria militar, mais Naya defende que moitas das tecnoloxías do noso día a día, como o velcro e o microondas, naceron precisamente neste eido e logo pasaron a empregarse no ámbito civil. “É moi difícil atopar innovacións, como poden ser as radiografías, que non tiveran un uso militar previo. Esa relación sempre foi así. O aproveitamento civil de todo o que se desenvolve nos estaleiros ten unha rápida permeabilidade porque non compiten, fan cusas distintas”, indica Naya. Polo tanto, esa sinxerxía entre militar e civil consegue que os proxectos centrados no primeiro eido acaben beneficiando a medio ou longo prazo á poboación de a pé.

Naya sitúa a Navantia, a Galicia e, concretamente, á comarca da Coruña, en referentes do sector naval non só a nivel europeo, senón mundial. Con todo, recoñece que é unha industria moi competitiva e que iso reflíctese nas innovacións lideradas por China, Corea do Sur, Xapón e Estados Unidos. “É unha competencia moi grande a nivel mundial pero Navantia, neste sentido, é un gran referente”, incide Naya. De feito, de entre os estaleiros alemáns, italianos, holandeses e suecos que participan no proxecto europeo, é a empresa galega quen lidera a iniciativa de revolución dixital do sector naval.

Publicidade


Escoita O Descodificador en todas as nosas plataformas de podcast: 

Laura Filloy
Laura Filloy
Xornalista científica pola Universidade Carlos III de Madrid. Comezou a súa andaina profesional no Faro de Vigo. Con experiencia en comunicación institucional a través de Médicos sen Fronteiras e a Deputación de Pontevedra, meteuse de cheo na divulgación científica na Axencia EFE. Dende 2021 en Gciencia, onde segue a cultivar a súa paixón pola ciencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Da cosmoloxía moderna á física solar: os congresos que marcarán a semana da eclipse na Coruña

A cidade reunirá durante catro días a investigadores de referencia internacional para abordar as grandes incógnitas do universo e os últimos avances da estrela

Nace ConfIA, unha rede que aglutina dez universidades para impulsar unha IA confiable e responsable

O CITIC e o CiTIUS representarán a Galicia nesta iniciativa que reforzará a cooperación científica, a captación de talento e a transferencia de coñecemento

A UDC crea unha plataforma de IA para personalizar o tratamento da incontinencia urinaria feminina

O proxecto XINE-IA combinará datos clínicos, tecnoloxías terapéuticas e experiencia de pacientes para apoiar aos profesionais sanitarios

Protocolos notariais e fotos do século XIX: a Catedral de Santiago dixitaliza máis de 82.000 documentos en liña

O novo espazo virtual do Arquivo-Biblioteca incorpora fondos medievais e unha base de datos pública sobre peregrinacións a Compostela