Localización exacta do sismo en Ourense, de magnitude 3,3. Fonte: IGN.
Localización exacta do sismo en Ourense, de magnitude 3,3. Fonte: IGN.

Un terremoto de magnitude 3,3 sacode Ourense

O centro da provincia de Ourense sobresaltouse na noite deste domingo, ás 23 horas, por un sismo de magnitude 3,3 cuxo epicentro se localizou entre as localidades de Sarreaus, Trasmiras e Laza. Segundo recolleron medios como La Región ou La Voz, o sismo xerou alarma tamén en localidades próximas como Verín, Cualedro, Trasmiras, e Monterrei debido a que os veciños percibiran o tremor.

Nun primeiro momento, o Instituto Geográfico Nacional estableceu a magnitude en 3,2, para despois elevala a 3,3. En canto á intensidade, que determina o grao co que o sismo é percibido pola poboación e os efectos que causa, estableceuse no grao III. O IGN recibiu case unha decena de chamadas alertando do terremoto durante a noite do domingo.

En maio do ano pasado, Laza rexistrou outro sismo de magnitude 3,1. E a finais de setembro, houbo en Cualedro outro de 1,6, pero que só foi detectado polos sismógrafos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.