Sábado 20 Abril 2024

Premio de investigación contra o cancro nos EUA para a empresa Libera Bio, nacida na USC

A 'start up' , froito de décadas de traballo no laboratorio de María José Alonso, desenvolve novidosas estratexias terapéuticas con anticorpos monoclonais

A Fundación Nacional para a Investigación do Cancro dos Estados Unidos (NFCR) galardoou á compañía biofarmacéutica Libera Bio, nacida ao abeiro da USC, nos Premios Salisbury 2021 para a Investigación Traslacional.

Libera Bio, cuxa misión é desenvolver unha nova xeración de Nanomedicamentos de Precisión destinados a mellorar o tratamento do cancro, nace en 2020 froito de décadas de investigación do laboratorio da profesora María José Alonso, no CiMUS da Universidade de Santiago (USC), e grazas ao apoio de GAIN (Axencia Galega de Innovación) a través do seu Programa IGNICIA-Proba de Concepto. A doutora Desirée Teijeiro, con 18 anos de experiencia en Nanomedicina nos sectores académico e industrial e hoxe Directora de Operacións de Libera Bio, liderou e xestionou con éxito o proxecto de Valorización, e é co-fundadora da empresa xunto á profesora Alonso, Olivier Jarry (actual CEO) e a USC.

Publicidade

Nace Libera Bio para deseñar dende Santiago fármacos contra o cancro

Libera Bio desenvolve un novo vector que libera anticorpos monoclonais a nivel intracelular para tratar dianas terapéuticas contra o cancro ata o de agora inabordables farmacolóxicamente. Esta innovación para as terapias oncolóxicas foi recoñecida polo xurado dos premios Salisbury, alzándose coa terceira praza neste certame mundial de referencia.

Con este galardón, LiberaBio sobe a un podio privilexiado que comparte con TanoMed, fundada no Centro de Investigación en Bioloxía do Cancro de Tel Aviv (Israel) e que foi galardoada co primeiro premio deste certame, e RadioMedix, firma nada no prestixioso ecosistema de investigación oncolóxica con sede en Houston, no segundo posto.

Os Premios Salisbury teñen como obxectivo identificar e promover descubrimentos innovadores na área do cancro, para optimizar a súa chegada ao mercado. O comité de xuíces do evento avalía as innovacións en función das categorías de viabilidade, novidade e impacto en beneficio do paciente con cancro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'

Os casos de cancro de próstata duplicaranse en 2040

Un informe publicado na revista 'The Lancet' estima que en menos de dúas décadas haberá 2,9 millóns de pacientes con este tumor

Nanotecnoloxía galega contra o tumor cerebral máis común

Un estudo da USC abre a porta a unha nova aproximación terapéutica que podería posibilitar un ensaio clínico nun prazo de tres anos

“Con suficiente investigación, a maioría dos cancros poderanse tratar na década de 2040”

Jesús Sánchez, responsable de proxectos na Fundación CRIS, asegura que as terapias CAR-T foron unha revolución no tratamento dos tumores do sangue