O Campus Terra busca a cervexa perfecta

Xesús Pablo González (esquerda) e Javier Cancela (dereita), en Alemaña con Martin Steinhaus, investigador da DFA, outra das entidades do consorcio.

Dous investigadores do Departamento de Enxeñaría Agroforestal do Campus Terra da USC impulsan un proxecto europeo para mellorar o cultivo e a calidade do lúpulo da cervexa. Os profesores Javier Cancela e Xesús Pablo González encabezan un consorcio integrado por investigadores de Portugal, Francia, Reino Unido, Alemaña, Croacia, Eslovenia e Chequia que foi seleccionado entre os catro finalistas dun programa europeo de seguridade e sustentabilidade alimentaria.

Realizarán un estudo integral do cultivo do lúpulo e do sabor final da cervexa

A proposta que lideran Cancela e González, integrantes do Grupo de Proxectos e Planificación (Proepla) da USC, está realizada en colaboración cos principais centros de investigación do sector, e pretende acometer un estudo e análise integral dos parámetros que afectan ao cultivo do lúpulo, así como as características organolépticas da cervexa. No marco desde proxecto,denominado “Wethop”, realizaranse accións moi diversas que abranguen a monitorización de cultivos, a análise das propiedades da cervexa ou desenvolvemento de modelos sobre o efecto das regas e do abonado na calidade do produto final.

Neste último punto, o da calidade da cervexa, estarán centrados os investigadores da USC. As súas actuacións centraranse nas análises de campo e na elaboración final da cervexa. Tamén se realizarán catas orientadas a coñecer a valoración dos consumidores.

Nestes días, Cancela e González están visitando a algúns dos socios do seu proxecto para pulir detalles sobre a presentación do concurso. Todo está pendente agora de coñecer a resolución das axudas europeas que permitirán o avance do proxecto. Os investigadores da USC confían en que a súa proposta sexa seleccionada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.