May-Britt Moser, Nobel de Medicina 2014, visita Galicia o 27 de setembro

May-Britt Moser (Fosnavåg, 1963), a científica norueguesa que acadou en 2014 o Nobel de Medicina polos seus achados sobre as células que compoñen o sistema de posicionamento no cerebro humano, visitará Galicia o vindeiro 27 de setembro. A investigadora participará nunha xornada de actividades organizada pola Fundación AstraZeneca e  Nobel Prize Inspiration Initiative -entidade que difunde no ámbito mundial os logros e as experiencias dos Premio Nobel-, en colaboración co programa ConCiencia.

A visita de Moser a Galicia “enmárcase – segundo informa a USC – nun programa educativo global que ten como obxectivo inspirar aos novos investigadores a través de referentes científicos galardoados co Nobel”. Despois de 25 edicións, a iniciativa ten lugar por primeira  vez en Galicia.

Publicidade

May-Britt foi galardoada polos seus achados no posicionamento do cerebro xunto ao seu home Edvard e John O’Keefe 

Deste xeito, 27 estudantes e investigadores da USC poderán conversar con Moser o día 27. Con eles compartirá a súa experiencia profesional, que a levou ata o Nobel, e fomentará con eles a creatividade nas investigacións.

A axenda de Moser comezará ás 10 da mañá na Facultade de Medicina coa conferencia ‘ Espazo, tempo e memoria no cerebro’, para o que é necesaria a confirmación de asistencia nesta ligazón. Logo de diversas reunións institucionais co reitor e líderes de grupos de investigación da universidade compostelá, Mary-Britt Moser manterá ás 15.30 horas un encontro con persoal investigador do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermedades Crónicas da USC (CiMUS).

Publicidade

Moser, graduada en Psicoloxía pola universidade de Oslo e doctora en neurofisioloxía, acadou o Nobel en 2014 xunto a John O’Keefe e o seu propio marido Edvard. O matrimonio Moser, o 5º na historia que acadou un Nobel de forma conxunta, descubriu en 2005 un tipo de célula clave para a orientación preto do hipocampo, un área situada no centro do cerebro. Actualmente, May-Brit dirixe o Center for Neural Computation de Trondheim.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de sostible é o teu concello segundo os obxectivos para 2030? Compróbao neste mapa interactivo

A UVigo desenvolve unha plataforma aberta que avalía o grao de cumprimento dos 17 ODS a partir de 69 indicadores

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

Unha tese identifica unha Escola Galega de Percusión con ritmos e técnicas propias

A investigación de Cristian Silva Bóveda na USC recupera a historia dos intérpretes relegados e descifra os patróns de gravacións do século XX

Galicia está entre as zonas cun maior declive de polinizadores de Europa

Entre os anos 1921 e 2020, na rexión atlántica diminuíu un 42% a ocupación das especies de abellas e nun 32% a dos sírfidos