Venres 29 Marzo 2024

“Tiven que volver a casa dos meus pais; non podemos facer ciencia vivindo do aire”

Marta Marín, unha das investigadoras posdoutorais afectadas polos atrasos na contratación da Xunta narra a súa experiencia persoal

Marta Marín Luna (Cartagena, 1985) chegou a Galicia desde Murcia despois de rematar o seu doutoramento porque viu no programa I2C da Xunta “unha oportunidade moi boa para a miña carreira”. Esta investigadora, especializada en Química Orgánica, puido facer a primeira parte deste contrato na Ludwig-Maximilians-Universität de Munich, Alemaña, unha das dez mellores Universidades de Europa na súa especialidade. E agora, cando estaba preparándose para continuar con esta axuda posdoutoral na Universidade de Vigo, Marta ve como é unha máis das científicas afectadas polos retrasos na contratación que deixan a máis de 30 persoas sen contrato e sen traballo ata, polo menos, mediados de novembro deste ano, segundo denunciaron o pasado luns nun comunicado estes afectados.

Para Marín, o principal impacto na súa carreira “é a suspensión da miña docencia, que estaba planeada para o primeiro cuadrimestre do vindeiro curso na UVigo”. Algo que, segundo lamenta, “é un obstáculo máis para a miña futura estabilización, xa que é un requisito indispensable ter horas de docencia acumulada para conseguir unha praza na Universidade”. Alén disto, perde o dereito a titorizar os traballos de fin de grao na liña de investigación que lidera, acerca da protección selectiva de polioles e revalorización de produtos derivados da biomasa. Son, segundo explica, liñas “de gran importancia para a síntese total de produtos con relevancia biolóxica e farmacéutica e doutra banda, para a reciclaxe dos produtos secundarios que proveñen da biomasa mediante o deseño de novos catalizadores metálicos”.

Publicidade

34 científicos de prestixio denuncian que a Xunta os deixa sen contrato

Facer as maletas

Pero hai problemas máis inmediatos: a finalización do contrato abre unha situación “aínda peor a nivel persoal”. Explica que “con este paro tiven que deixar Vigo e volver a casa dos meus pais ata que se solucione a miña situación laboral. Non podemos facer ciencia viviendo do aire; e a forma en que nos tratan e nos valoran desde a universidade e a Xunta fixo que me pense bastante o seguir neste programa e empezar a valorar outras ofertas de traballo”, expón a investigadora murciana afincada ata agora en Galicia.

Laméntao porque durante a primeira fase das axudas posdoutorais “puiden transferir novos métodos de xestión a nivel de investigación, docencia e administración, cunha nova colaboración entre as Universidades de Vigo e Munich”, que agora se verían resentidas coa súa marcha.

“A forma en que nos tratan fixo que me pense bastante o seguir neste programa”

Ante isto, Marta pide á Universidade viguesa “que aposte por nós“, porque “somos investigadores cunha alta cualificación cada un no noso campo”, e “se queren chegar á excelencia deben contar con persoal excelente e só deben ver as nosas traxectorias para ver que o somos”.

Á Xunta, pola súa parte, pídelle “que xestionen mellor os tempos” e “non xoguen cos investigadores“. Subliña que “poden conseguir que Galicia sexa unha referencia en investigación a nivel estatal e non o están aproveitando”.

A científica conclúe: “Estes programas están xeniais se saben sacarlle proveito, pero non o fan. Os programas financiados con diñeiro público deben reverter na sociedade dalgunha forma, e iso é o que queremos os investigadores: devolver o que un día se gastou na nosa formación. Con esta xestión, o único que conseguen é unha fuga de talento das institucións galegas”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Inmaculada Rodríguez: “Antes faciamos empresas de parafusos, agora de ciencia e tecnoloxía”

A directora xeral de Unirisco reclama dar o salto da investigación á empresa nas xornadas 'Investir en Ciencia si é rendible’, que organiza xunto a Noso Capital

Galicia lidera o debate sobre a rendibilidade da ciencia da man de Unirisco

Universidades europeas e centros de investigación analizarán en Santiago o impacto das tecnoloxías disruptivas e a importancia de crear ecosistemas emprendedores

A credibilidade na ciencia é menor entre a mocidade que entre o público adulto

Só o 72,6% das persoas de entre 18 e 24 anos cre que as disciplinas científicas buscan a verdade, fronte ao 90,2% da poboación maior de 65 anos

Seis imaxes que cambiaron a historia da ciencia

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de O ser humano empregou primeiro o debuxo e...