Xoves 25 Abril 2024

Cen anos da eclipse que confirmou a Einstein

Arthur Eddington, da Universidade de Oxford, usou o fenómeno de 1919 para confirmar o efecto da lente gravitacional

As eclipses solares acontecen cada poucos anos. Pero o que ocorreu o 29 de maio de 1919 está considerado como un dos puntos culminantes da ciencia do século XX. Aquel día e grazas a aquel fenómeno, o astrofísico británico Sir Arthur Eddington realizou o experimento que comprobou cientificamente a teoría da relatividade de Albert Einstein.

Tanto a vella teoría da gravidade de Newton como a nova de Einstein predicían que a luz non viaxa necesariamente en liñas rectas, senón que pode ser desviada cando pasa preto de algo tan pesado como o Sol. Pero o xenio alemán predicía que se desviaba máis. Dabondo como para que as posicións aparentes das estrelas detrás do Sol se desprazasen de xeito detectable con respecto ás posicións coñecidas e verdadeiras.

Publicidade

Desde Oxford, Arthur Eddington observou a posición das estrelas en xaneiro e febreiro de 1919. A eclipse sería visible desde ambos os lados do Atlántico polo que, para asegurarse bo tempo en polo menos nun punto de observación, Frank Dyson, o Astrónomo Real, mandou un equipo de observación a Sobral (Brasil) e a Eddington a Sao Tomé e Príncipe (África).

Albert Einstein e Arthur Eddington, xuntos anos despois.

Os ceos estiveron despexados en ambas as localizacións e, durante cinco minutos en total, ambos os equipos tomaron varias fotografías das estrelas.

Cando Eddington volveu a casa e comparou as posicións aparentes das estrelas detrás do Sol coas reais, ambos os conxuntos de datos confirmaron que a teoría de Einstein era correcta.

O descubrimento foi publicado en Philosophical Transactions of the Royal Society.

O fenómeno predito por Einstein e comprobado por Eddington é coñecido hoxe día como lente gravitacional. O efecto úsase a diario por parte dos astrónomos e nel baséase moita da investigación sobre a materia e enerxía escuras.

E aquí podes ler a nosa reportaxe sobre a eclipse previa de 1912, que se converteu nun fenómeno en Galicia coa presenza de científicos internacionais:

A febre da eclipse en Galicia en 1912

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña

Cando e onde se poderá ver a única eclipse total do século en Galicia?

A última aconteceu en 1912 e puido verse desde O Barco de Valdeorras; a próxima será en 2026 e só será visible na metade norte máis ao leste