A incrible foto da aguia e do seu reflexo

A natureza ofrece todo o tempo imaxes abraiantes. E o ser humano ten a capacidade de captalas, grazas á técnica, e compartilas co resto da sociedade. Así o fixo o fotógrafo canadense Steve Biro mentres tomaba imaxes nunha reserva para a conservación de aves rapaces no seu país. E atopouse con ese momento exacto: unha aguia calva (Haliaeetus leucocephalus) voaba ao raso da auga.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de steve biro (@stevebiro) el

O efecto que acadou Biro é tan fermoso como asombroso. A figura da aguia, simétrica, reflíctese na superficie da auga de forma case perfecta, e tócaa coa punta das ás. O fotógrafo tomou centos de imaxes, pero viu que esta tiña algo máis. “Foi a que me pareceu un pouco máis especial cás outras”, declarou á BBC.

Publicidade

Aínda que foi, e é, un dos símbolos dos Estados Unidos, a aguia calva, que habita en Norteamérica, estivo a piques de desaparecer na segunda metade do século XX. Afortunadamente, os traballos de protección e conservación deron froitos, e a súa poboación está agora nun ritmo bo de recuperación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como se ve Galicia dende o ceo? Así era o territorio galego captado por helicópteros nos anos oitenta

A Fundación Barrié e o Ministerio de Defensa reuniron fotografías históricas nun volume de máis de 200 páxinas para amosar a riqueza paisaxística e urbana

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

Vacas no carazo e un intestino, protagonistas das mellores imaxes científicas do ano

A iniciativa divulgadora do CSIC selecciona oito propostas para formar parte dun catálogo e dunha exposición itinerante por todo o país

A extraordinaria imaxe dun cúmulo de estrelas capturada dende Ribadeo

O afeccionado á astronomía Hugo García retratou As Pléiades tras dúas horas de exposición cun pequeno telescopio fotográfico