Antes e despois do Camiño Primitivo no tramo que pasa pola Fonsagrada. Fonte: Adega.
Antes e despois do Camiño Primitivo no tramo que pasa pola Fonsagrada. Fonte: Adega.

Pavimentan con cemento tramos históricos do Camiño Primitivo

Varios tramos históricos do Camiño Primitivo de Santiago, ao seu paso polo Concello da Fonsagrada foron cubertos de cemento nas obras acometidas por parte da axencia de Turismo da Xunta de Galicia. Faino público o Foro do Camiño Primitivo, agrupación formada por preto de 30 entidades defensoras dos Camiños de Santiago, que acaba de denunciar ante a nova directiva do Icomos-España a “destrución completa da identidade tradicional e do valor patrimonial da Vía primitiva entre os lugares de Vilardongo e Pedrafitelas”.

Camiño_4

Os traballos, segundo recolle Adega, unha das asociacións adscritas ao foro, “supuxeron a alteración irreparable deste treito, seguindo a tónica habitual destas actuacións nos dous últimos anos”. Os traballos afectaron mesmo a propiedades privadas, o que motivou as queixas dalgúns veciños da zona.

O Icomos recoñece, segundo o Foro, que o Camiño centra a maior parte das denuncias que recibe

Adega denuncia, ademais, que para a realización das obras utilizouse “todo tipo de maquinaria pesada, procedéndose á urbanización da calzada antiga, agora en parte sepultada con cemento, así como ao nivelado da rasante do terreo, uniformización de todo o itinerario, realización de novos perfilados, cimentación de sumidoiros, recheo con grosas capas de xabres, gravas e outros materiais. Todo isto supón de facto a construción dun novo Camiño de Santiago no século XXI, urbanizado seguindo as pautas estándar de calquera outra vía moderna ou pista forestal, apta para todo tipo de tránsito e práctica comercial ou deportiva”.

Ante estes feitos, o Foro do Camiño sinala que “esta nova e gravísima modificación da arquitectura e paisaxe do Camiño Primitivo -que se suma ao programa de obras de Turismo nas rotas xacobeas- conleva a perda irremisible da súa memoria inmaterial asociada á vía milenaria tradicional recoñecida pola Unesco como patrimonio mundial da Humanidade”.

Outro dos tramos cubertos con cemento. Fonte: Adega.
Outro dos tramos cubertos con cemento. Fonte: Adega.

A actuación da axencia de Turismo da Xunta de Galicia, “coa conivencia da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural”, segundo denuncia o Foro, “está a construír un novo e artificioso camiño de cemento por riba da traza tradicional das vías de orixe medieval, polo que non se trata de unha simple reforma, senón da eliminación total de valores ambientais, paisaxísticos e culturais que, precisamente, foron obxecto da declaración como patrimonio mundial e territorio histórico, que se está a soterrar baixo un roteiro turístico orfo da alma que o ten convertido nun fenómeno de dimensión universal”.

Ante estes feitos, o Foro estableceu contacto directo coa nova dirección do Icomos-España, o organismo encargado de promover a aplicación dos criterios de conservación e protección dos bens declarados como Patrimonio da Humanidade. A nova protesta únese así á presentada en 2016 por motivos semellantes. Segundo o Foro, fontes do Icomos afirman que “o Camiño de Santiago centra a maior parte das denuncias presentadas perante o organismo”.

17 COMENTÁRIOS

  1. ¿Por qué el ser humano es tan corto de entendimiento? ¿Por qué se empeña en destruir en lugar de cuidar y conservar? Por favor dejen de hacer tanta tontería solo porque creen haber encontrado la gallina de los huevos de oro, piensen en el daño que hacen y en el futuro que están dejando a sus hijos y a las próximas generaciones…

  2. Destrucción de la autenticidad del camino lo hará menos místico,grave error.

  3. Los muy buitres kerian cobrar por hacer lo ke fuera. Y su amigo les dió trabajo. Por hacerles un favor…

  4. Quién quiera hacer el camino sabe a lo que se enfrenta y puede perfectamente llevar unas botas impermeables para ir por esos senderos en vez de ir cómodamente en una pista de “madacam” en deportivas. Progreso y mejoras: SI, pero con sentiño…

  5. Quien quiera hacer el camino sabe a lo que se enfrenta y puede llevar unas botas impermeables para el barro en vez de ir cómodamente por una pista de “madacam” y que se mantengan los senderos inalterados

  6. Sin ánimo de polemizar con ninguna de las opiniones expresadas, ni con los redactores del artículo, ni tampoco, de entrar en debates políticos; este verano tuve la oportunidad de realizar el Camino Primitivo desde Oviedo y de comprobar “in situ” el estado del mismo. Debo decir que en aquel momento (principios de junio), el camino apenas presentaba rastros de cemento ni otro tipo de pavimento (desconozco si ahora es así), pero sí el resto de actuaciones que se describen en el texto: gravas, cimentaciones, acequias, etc. Aunque es discutible, sí me pareció una intervención bastante desafortunada por parte de la administración o de quien corresponda. El proceso de acondicimiento se ha realizado, en mi opinión, con escasa sensibilidad. Personalmente, creo que la esencia del camino se debe mantener siempre, y que con una actuación menos agresiva todos hubiésemos salido ganando. Simplemente limpiando las zonas con maleza y realizando un manteniendo periódico con medios humanos el camino podría mantener mucho mejor su autenticidad y belleza, sin necesidad de construir una pequeña “autovía”. Creo que lo que anima a la gente a realizar este camino en lugar de otros, es precisamente eso, autenticidad y belleza.

    En cualquier caso, y apesar de todo lo comentado, no puedo dejar de recomendarlo, la ruta es maravillosa, la disfrutamos mucho. 🙂

  7. Fixen ese tramo fai unhas semanas, e verjonzoso chegar a galicia despois de cruzar, no meu caso asturias, e toparse con este esperpento. Que ademais de atentar co propio paixase, son papel e non duraran un inverno… en fin, os conselleir@s ou inxeneir@s pensantes, recomendoslle facer o camiño, porque se nota de carallo que dende o bar as cousas non se fan.

  8. Como bióloga especialista en conservación digo que isto é un atentado moi grave contra o patrimonio, a paisaxe e a integración na contorna do Camiño histórico. Inexplicable como algo así pode acontecer, sendo bens patrimoniais protexidos. Nefasta xestión e criterio técnico.

  9. Tramo Vilardongo – Pedrafitelas (concello de A Fonsagrada). Pueden ir a ver el cemento con sus propios ojos. Y sí, como Ingeniera también, esto es un auténtico atentado contra nuestro Patrimonio. Pero, obviamente, no hay mayor ciego que el que no quiere ver. Ultreia.

  10. Como Ingeniero desconozco totalmente el trabajo realizado, pero en la fotografía no veo rastro alguno de cemento. Solo aprecio una capa de rodadura muy similar a la que usaban los romanos en sus autopistas que podemos llamar “macadam”.

    Podrá gustar más o menos, pero los romanos en sus vías usaban esas mezclas de arenas para fijar la vía y que resistiesen el agua y el tráfico intenso….y gracias a su ingeniería, las vías se conservan hoy en día.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.