Perfil da costa galega desde a estratosfera nas imaxes captadas pola Marumasat 3. No congreso presentaranse máis datos da sonda. Imaxes: NOSA.
Perfil da costa galega desde a estratosfera nas imaxes captadas pola Marumasat 3. No congreso presentaranse máis datos da sonda. Imaxes: NOSA.

A Axencia Espacial Galega celebra o seu 3º congreso

O vindeiro luns 11 de febreiro, a Axencia Espacial Escolar Galega, a NOSA, celebra no auditorio Gabriel García Márquez de Oleiros o seu terceiro congreso. Será unha xornada de traballo na que os estudantes e docentes implicados no proxecto que conseguiu levar unha sonda fabricada por eles, a Marumasat 3, ata a estratosfera, presentarán os resultados das investigacións realizadas a partir da expedición.

Desde as 10.30, representantes dos IES Maruxa Mallo (Ordes), Xelmírez II, Miraflores (Oleiros) e Marco Camballón (Vila de Cruces), Ferrol Vello e do CPI O Cruce (Cerceda), presentarán varios relatorios. E aproveitarase tamén para presentar nosa.gal, a web da axencia, e adiantar os primeiros detalles da Marumasat 4, a nova sonda na que xa traballa o equipo da NOSA.

Este novo aparello dará continuidade á Marumasat 3, lanzada o 7 de maio de 2018 desde Ordes, e que e despois de varios días de busca, foi atopada en Negreira, o que permitiu acceder aos datos que se amosarán o luns no congreso.

Así retratou Galicia desde a estratosfera a sonda da NOSA

Programa completo do congreso

10.30: Recepción de participantes.

11.00: Benvida e inauguración.

11.05: Conferencia inaugural a cargo de Marilar Aleixandre.

12.00: Presentación das actas do 2º congreso (IES Maruxa Mallo).

12.15: Descanso.

12.30: Mesa Científico-Tecnolóxica, cos relatorios:

  • A Marumasat 3 e a cetrería(IES Maruxa Mallo).
  • Obtención por imaxe da ecuación de despegue da Marumasat 3 (IES Marco do Camballón).
  • Estimación da ecuación de despegue da Marumasat 3 a partir de datos da radiosonda meteorolóxica (IES Xelmírez II).
  • A placa Peltier na Marumasat 3 (IES Miraflores).
  • Análise do uso dun dispositivo móbil como mecanismo de adquisición de datos en globos estratosféricos (IES Xelmírez).
  • Análise da variación do volume dun globo de helio na súa viaxe á estratosfera (CPI O Cruce).
  • Marumasat 3: unha viaxe polas alturas. A proxección do espazo nos mapas e a xeografía galega (IES Maruxa Mallo.
  • Cáluclo da superficie esférica no punto de máxima altura (IES Marco do Camballón).
  • Influencia da radiación UV na xerminación dunhas fabas de Lourenzá (IES Miraflores).
  • Análise das magnitudes atmosféricas na Marumasat 3 (IES Marco do Camballón).
  • O vento na estratosfera (IES Ferrol Vello).
  • Os nós da NOSA (IES Maruxa Mallo).
  • O papel das mulleres na astronomía (IES Maruxa Mallo).

13.35: Entrega dos poemas do I Premio de Poesía Estratosférica. Convocatoria do II Premio.

12.40: Presentación da páxina web da NOSA.

13.45: A misión da Marumasat IV.

13.50: Xantar.

14.50: Conferencia de Manuel Vicente.

15.50: Clausura.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.