Alicia Estévez recibirá este mércores o recoñecemento de Bióloga do Ano. Imaxe: RAGC.
Alicia Estévez. Imaxe: RAGC.

Alicia Estévez, premio María Wonenburger 2018

Alicia Estévez Toranzo, catedrática de Microbioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, é a científica recoñecida co premio Wonenburguer 2018, que concede a Unidade da Muller e Ciencia impulsada pola Xunta de Galicia. A microbióloga dirixe, xunto a Juan Luis Barja, o grupo de Patoloxía en Acuicultura da USC, un dos principais grupos de referencia competitiva de Galicia no que traballa unha trintena de persoas.

Alicia Estévez é licenciada en Bioloxía e Farmacia e dende 1991 é catedrática na universidade compostelá, onde tamén se doutorou en Bioloxía. Foi directora do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da mesma institución e coordina o programa de Doutoramento en Avances en Bioloxía Microbiana e parasitaria. Tamén é membro da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), sendo unha das dúas primeiras mulleres, xunto a María José Alonso, en incorporarse á institución despois de case 20 anos sen novos ingresos femininos.

As principais liñas de investigación de Alicia Estévez céntranse na patoloxía bacteriana en acuicultura. Concretamente, na caracterización fenotípica, antixénica e molecular de patóxenos de peces; o desenvolvemento de métodos de diagnóstico de patóxenos; la epizootioloxía; e a quimioterapia e vacinación en Acuicultura.

É autora de máis de 270 artigos, 22 capítulos de libros e inventora de oito patentes en acuicultura

É autora de 272 artigos, a maioría publicados en revistas SCI, así como de 22 capítulos de libros. Tamén de oito patentes de uso en Acuicultura (vacinas, probióticos e procedementos de diagnose), participou en 46 proxectos de investigación e desenvolvemento estatais, europeos e autonómicos así como en 15 de desenvolvemento tecnolóxico financiados por entidades públicas y privadas.

Participa como especialista en diferentes comisións de avaliación de proxectos e programas, é membro do comité editorial de revistas científicas da área de acuicultura e é membro activo de dez sociedades científicas.

O recoñecemento a Alicia Estévez co premio Wonenburguer súmase ao Jaime Ferrán (1993) da Sociedade Española de Microbioloxía ou ao Título de Excelencia galega en Investigación (2006) da Asociación de Empresarios galegos en Cataluña.

O premio María Wonenburger, que recoñece as traxectorias de excelencia de científicas galegas, recaeu en anteriores edicións en Inmaculada Paz Andrade, Teresa Miras Portugal, Marisol Soengas, Carmen Navarro e Ofelia Rey, Tarsy Carballas, María José Alonso, Carmen García Mateo, Isabel Aguirre de Úrcola, Peregrina Quintela e Begoña Vila Costa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.