Pode ‘Melissa’ chegar a Galicia en forma de borrasca?

O furacán xa causou medio centenar de mortos polo seu paso polo Caribe e algúns modelos predín que avanza cara a Europa

Os modelos indican que o furacán Melissa poderá chegar a Europa a comezos da próxima semana. De facelo, sería en forma de borrasca, en dirección entre Irlanda e ao sur de Islandia. O ciclón deixará de ter as características de furacán e de tropical, polo que realmente cambiará por completo a súa disposición.”En principio non chegará a Galicia“, aclaran desde MeteoGalicia, malia que aínda é cedo para saber a dirección exacta.

Desde Meteored explican que certas previsións europeas consideran que a borrasca non se achegaría tanto a Europa. “Pero axudaría a reforzar os ventos sobre o continente”, destacan. En calquera caso, non suporá un problema para Galicia, que xa está a soportar unha borrasca que provocou a activación da alerta amarela por choivas no interior, oeste e suroeste da Coruña, en toda a provincia de Pontevedra e no sur de Ourense. Ademais, tamén hai activa xa unha alerta amarela por ondas do mar nas Rías Baixas, na Costa da Morte e no noroeste da Coruña.

Publicidade

A partir do domingo recuperará pouco a pouco a influenza das altas presións. Haberá ceos nubrados con chuvascos ocasionais, máis probables na metade norte. De momento, MeteoGalicia prevé máis estabilidade para o luns: non chovería durante a maior parte do día.

O furacán Melissa

O furacán Melissa xa causou estragos en diversos puntos do Caribe. O país ao que chegou con máis forza foi Xamaica, con ventos de ata 298 quilómertos por hora que golpeou a unha poboación duns 2,8 millóns de habitantes. É unha das tormentas máis fortes xamais rexistradas e que xa deixou 19 mortes en Xamaica e 30 en Haiti.

Publicidade

O fenómeno meteorolóxico tamén deixou a miles de cidadáns con casas, coches e rúas esnaquizadas. Ademais, deixou sen electricidade ou auga a miles de cidadáns de países como Cuba e República Dominicana, onde xa hai un morto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que aves hai preto de ti? Esta é a ‘app’ que converte Galicia nun mapa para os amantes da ornitoloxía

A ferramenta eBird permite consultar as especies observadas e os puntos de maior interese, crear listas personalizadas e contribuír con novos rexistros

Cen anos d’O Mariscal, a obra teatral que pintou a Pardo de Cela como símbolo das liberdades galegas

A Real Academia Galega celebrará un acto conmemorativo de entrada libre o xoves 15 ás 16:30 horas no Museo de Ramón Cabanillas, en Cambados

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego