Pablo Álvarez e Sara García: “Os soños fanse realidade, aquí hai dous exemplos”

Os dous leoneses son os novos astronautas españois na Axencia Espacial Europea. Con emoción, contan o proceso de selección ao que se presentaron

astronautas
Pablo Álvarez e Sara García, a nova xeración de astronautas españois da ESA, no Ministerio de Ciencia e Innovación. | Alejandro Muñoz

O 23 de novembro de 2022, as vidas de Pablo Álvarez e Sara García mudaron para sempre. O enxeñeiro de Airbus e a investigadora en cancro no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) foron presentados en París como dous dos 17 novos astronautas da Axencia Espacial Europea (ESA). O único español escollido para o corpo europeo de astronautas ata o momento era Pedro Duque, hai xa 30 anos. Dende entón, soamente se anunciaron dúas convocatorias, unha en 1998 e outra en 2008.

Para ser astronauta non se pode estudar uhna carreira específica. O arduo proceso de selección estaba, tradicionalmente, orientado a pilotos e enxeñeiros. Sen embargo, nesta última convocatoria, a ESA abriu o proceso a outras disciplinas e, por primeira vez, engadiuse un astronauta con discapacidade.

Pablo e Sara, os novos astronautas españois, son de León, pero no se coñecían. Lévanse 17 días, aínda que non naceron o mesmo ano: en 1988 e 1989, respectivamente. Entre eles hai cariño e compañeirismo. Son os escollidos nun proceso de máis de 22.000 aspirantes.

Como vos interesastes por ser astronautas?

Pablo Álvarez – É un soño que todos os nenos teñen algunha vez, pero logo segues o teu camiño, a túa formación para facerte enxeñeiro ou científica e realmente non o planteas como unha opción real, nin no momento no que envías o currículum para isto. No momento no que ves a oferta dis bueno, vamos a botar o resto aquí, que este tren pasa unha vez.

Sara García – Si, no meu caso foi moi similar. De pequena fantaseaba con isto, pero nunca mo plantexei en serio. A raíz de ver a oferta e de analizala dende unha perspectiva adulta e madura dis, bueno, o traballo interésame e teño un perfil que se adapta bastante ben ao que eles están buscando. Vamos a intentalo, as posibilidades son moi baixas, pero o camiño pode ser interesante.

Como vos enterastes de que fórades seleccionados?

P. Á. – Cunha chamada do director xeral da Axencia Espacial Europea, Josef Aschbacher, que nos convidou a París.

Enterámonos de que foramos seleccionados por unha chamada do director xeral da ESA, que nos convidou a París, e contámonolo entre nós, porque fixemos un pequeno pacto interno de que o faríamos se algún chegaba á final

Pablo Álvarez y Sara García (ESA)

E como reaccionas ante algo así? A quen llo contas primeiro?

S. G. – Contámolo entre nós. Fixemos un pequeno pacto interno, entre os dous, de que nolo contaríamos, para que, se un dos dous non recibía a chamada, non tivese esa agonía de saber se chegábamos ata a final ou non.

Xa vos coñecíades do proceso de selección? Había máis españois?

S. G. – Si. Presentámonos uns 1.300-1.500 españois, dos cales pasamos o primeiro screening uns 80 e fumos invitados á primeira fase en Hamburgo (Alemaña). Entre eles, hai xente cuns perfilazos incribles e creamos un grupo de WhatsApp que segue moi activo. De feito, aínda que foron pasando as fases e quedaba menos xente seleccionada, está máis activo ca nunca e xurdiron colaboracións interesantes que ao mellor se profesionalizan.

Que pasará cos vosos traballos?

P. Á. – Eu o meu, en Airbus, vouno deixar antes de comezar o adestramento, o 1 de abril. Tralo anuncio, fun ao traballo e foi unha toleada, pero bueno, espero que sexa o boom dos primeiros días. Tomárono moi ben.

S. G. – Eu vou compaxinar as dúas cousas. De momento vou a seguir coa miña investigación no CNIO e cos meus estudantes. Estou liderando un proxecto de descubrimento de novos fármacos. Vou a continuar con iso e, ao mesmo tempo, realizar as labores que teño que facer para a ESA: as obligacións de manter o meu certificado médico, a formación, máis todos os servizos de consultoría, que serán de forma puntual, ou as tarefas ou misións que me poidan asignar en determinado momento. Se xorde unha oportunidade de voo, si que tería que pedir unha excedencia ou deixalo temporalmente para recibir a formación e por suposto, executar a misión. Pero ata entón podo compaxinar os dous traballos.

Con que antelación te avisarían se xorde unha oportunidade?

S. G. – A verdade é que non o sei. Imaxino que se empezarán a oír rumores ou a discutir con moita antelación antes de que oficialmente se asigne a misión. Xa estaría sobre aviso. Isto funciona a anos vista. 

Dache pena o feito de entrar na reserva, en lugar de ser astronauta titular como Pablo?

S. G. – Tomoo como un éxito. Somos a promoción do 2022. O director xeral deixou claro que todos e cada un de nós poderíamos ser astronautas. O que non hai son oportunidades de voo para 17 persoas. Entón, non quero ver o lado negativo. Para min é marabilloso chegar ata aquí. Son moi optimista, con unha oportunidade de voo nun futuro, pero incluso aínda que non aconteza, non me arrepentiría nin un segundo de todo o que se abre agora e de darlle un bo uso a estar na reserva: aproveitar os contactos, a capacidade de divulgación… Hai un futuro moi bonito e moi prometedor. Non me doe. Estou tremendamente feliz.

Pablo, cales son as fases que tes agora por diante? Se todo fora ben, canto podes tardar en ir ao espazo?

P. Á. – Mínimo catro anos, pero bueno, iso sería ser tremendamente afortunado. Agora teño un ano de adestramento básico, para que todos adquiramos a mesma base que se precisa para a seguinte fase do adestramento, que xa se realiza en Estados Unidos, Xapón, Canadá… en cada un dos países que contribuen á Estación Espacial Internacional (ISS) con módulos. Logo, unha vez que acabas este adestramento de dous anos, esperas a asignación da primeira misión.

Mentres tanto, fas outras tarefas para a ESA, mentendo o teu certificado de astronauta e esperando a asignación. Logo son dous anos de adestramento específico para unha misión, onde xa preparas os experimentos que vas a realizar ou as tarefas máis específicas: se vas a instalar algo, se vas a facer actividades extravehiculares… Ao final ensaias todo moito para estar o máis preparado posible. Cada minuto que estás no espazo hai que aproveitalo ao máximo.

Neste proceso de adestramento, que é o que máis che apetece?

P. Á. – Teño ganas dos exercicios de supervivencia, quizais pola parte descoñecida e de aventura. Non o fixen nunca e teño moitas ganas.

Comentouse moito que hai 30 anos que non hai un astronauta español, o que se demanda hoxe dun astronauta é moi diferente ao de hai tres décadas?

P. Á. – Bueno, Pedro Duque voou posteriormente, pero é certo que o seleccionaron no 92. El comentounos un pouco sobre o proceso de selección, que foi un pouco distinto. Primeiro fíxose un filtro aquí, en España, e logo enviáronse candidatos. Creo que a el si o torturaron un pouquiño máis. O noso proceso de selección foi diferente. As probas médicas non son o que todo o mundo se imaxina da centrifugadora, de que te meten nun sitio moi pequeno para ver se soportas a claustrofobia. Non houbo nada diso.

S. G. – Abriuse máis o perfil de carreiras que poden buscar. Antes estaba moi limitado a pilotos, logo abriuse a enxeñeiros e agora búscanse científicos en xeral. Aquí hai unha. Profundizouse moito máis no perfil psicolóxico que nas capacidades físicas ou intelectuais, que obviamente as debes ter, pero é máis un perfil psicolóxico, porque as misións son de máis longa duración. Acostuman mandarte seis meses e é unha tripulación moi pequena, que ten que convivir nun espazo reducido moitos meses, e hai que facer que funcione.

Que foi o máis duro do proceso de selección?

S. G. – Aguantar todo o proceso, 18 meses cos tempos de espera, coa incertidume de como vai ser a seguinte fase, porque non tes nin idea. Nós somos persoas que intentan prepararse para calquer escenario e levar os deberes feitos e aí non podes facelo. A incertidume e os nervios durante 18 meses son, en si, un reto. Logo houbo fases máis duras. Para min, a máis complicada foi a primeira, os test de intelixencia en Hamburgo. Parecéronme bastante complexos e foi un día moi intenso, con 11 horas de exames.

E agora, como levades a presión mediática?

S. G. – Ben. As entrevistas están sendo moi amables e a xente que nos estamos encontrando está moi ilusionada con que haxa dous astronautas españois despois de 30 anos. Ver eses sorrisos, esa ilusión e esa amabilidade, compensa con creces todo. Somos dúas persoas un pouco privadas que tampouco se expoñen moito, pero polo menos para min está sendo bonito. Aínda non me paran pola rúa. Se me fas a mesma pregunta dentro dun par de semanas, ao mellor contestamos outra cousa.

P. Á. – A min, na fábrica, en Xetafe, con todo ese entorno aeroespacial, si que me pararon un pouco. Pero bueno, viñan todos cun sorriso de orella a orella e moi cautos.

En que consiste ser astronauta?

S. G. – Son múltiples labores. Se nos centramos no que todo o mundo coñece, nun voo espacial, no caso da ISS terías que desenvolver os propios experimentos científicos que se asignaron á misión, técnicas que se usarían en calquer outro laboratorio científico da Terra, pero en microgravidade. Isto inclúe o mantemento de todoslos equipos que hai a bordo da estación espacial para mantenelos operativos, actividades extravehiculares para arranxar ou instalar novas pezas de tecnoloxía fóra da propia nave, manter a integridade e a seguridade… Todo isto como parte da misión.

Logo, dende a Terra, hai moitas outras actividades. Dende dar soporte ás misións que xa están no espazo, labores de divulgación, adestramento continuo…, porque o adestramento dun astronauta é o máis exhaustivo e longo que probablemente exista, e esa formación e actualización tamén é continua.

P. Á. – Non todas as actividades son tan glamurosas. Temos que facer absolutamente de todo, pasar a aspiradora as fins de semana na Estación Espacial Internacional tamén lles toca aos astronautas.

Cales son as tarefas que máis ilusión vos faría realizar se conseguides chegar ao espazo?

P. Á. – Pois mira, teño un amigo que se chama Miguel, co que traballei no programa ExoMars, que agora exerce na ESA como ‘contractor’ e leva varios proxectos que van a desenvolver astronautas na estación espacial. Algúns relacionados co crecemento de plantas, outros con cágados… que por certo, se usan moi pouco. Hai un límite ético ao uso de animais na ISS e non se fan barbaridades como hai anos, que chegaron a voar primates e canciños. Faríame moita ilusión traballar nun proxecto preparado polo meu amigo.

S. G. – Para min, como científica que leva dez anos traballando en laboratorios, sería un soño poder traballar no Laboratorio Espacial Columbus e desenvolver experimentos en microgravidade para contribuir aos proxectos científicos. E logo, no tempo libre, poder ver a Terra a través da cúpula… iso é impagable.

Que tipo de experimentos científicos están programados?

S. G. – Estableceuse unha especie de folla de ruta sobre distintos ámbitos científicos nos que se quere profundizar ata que a Estación Espacial Internacional deixe de ser operativa e, se non me equivoco, hai unhas dez liñas de acción de aquí a 2030 que tocan dende temas de saúde e de biomedicina ata ciencia de materiais. É un documento de máis de 100 páxinas. É impresionante a cantidade de proxectos científicos que se van a desenvolver aí.

Hai moi boas ideas, deseñadas dende a Terra. Por exemplo, investigacións sobre como, en condicións de microgravidade, responde o cerebro a un trauma, ou relacionadas co envellecemento prematuro, polo tipo de dano que sofre a estrutura ósea e muscular dos astronautas.

Máis alá da formación técnica, que cualidades persoais debe ter un astronauta?

P. Á. – Creo que unha actitude positiva ante todo. Ser moi adaptable, estar preparado para calquer problema que poida xurdir.

S. G. – Ter moita empatía para poder traballar ben en equipo. Estas misións son dun grupo de persoas, non dunha individual, e tes que vivir con elas. Isto implica que nalgún momento terás que tomar o liderazgo, pero que tamén vas a ter que seguir a un líder e funcionar igual de ben en ambos roles. Ter moita resiliencia tamén, porque é duro e hai moito que soportar.

E entre as 22.000 candidaturas, por que Sara e Pablo? Con que cualidades vos identificades?

P. Á. – Vou a dicir as de Sara. É unha profesional como a copa dun pino. Non a vin flaquear xamais e ten unha enerxía tremenda. Vindo dun sector completamente distinto, en moitos temas sabe moitísimo. Dame mil voltas en moitas cousas, é tremenda.

S. G. – Pois digo eu as de Pablo. Unha das cousas que máis me sorprenderon del é a calma e o optimismo extremo que sempre demostrou en todas e cada unha das fases. Nunca perde a compostura, nunca perde o sorriso auténtico e de boísima persoa que é. Ter un compañeiro así é ouro puro. E aparte, o que sabe disto, o que ama este sector e a paixón que sente polo espazo, pola investigación… incluso pola ESA. Xa era bastante friki da Axencia Espacial Europea antes de todo isto. Temos ao mellor astronauta que podíamos soñar.

P. Á. – E á mellor.

É a primeira vez que a ESA permite que se presenten candidatos con discapacidades á selección de astronautas. Como o valorades? 

P. Á. – O espazo é o futuro para a raza humana e non nos podemos permitir deixar atrás a un porcentaxe ou segmento tan grande de poboación como as persoas con discapacidade. As viaxes ao espazo estanse facendo cada vez máis comúns e é normal que ao final todos, independentemente das nosas características físicas, poidamos ter a posibilidade de viaxar ao espazo no futuro. Agora mesmo é moi complicado, por temas medioambientais, polo custo asociado, porque falta tecnoloxía para que sexa máis barato… Pero nun futuro todos poderemos gozar disto.

S. G. – A Axencia Espacial Europea está facendo un esforzo moi grande por asegurar a inclusividade a todos os niveis: de xénero, de capacidades diferentes, de países… Que haxa igualdade de oportunidades, porque o espazo é de todos e para todos. Iso tense que verse reflexado tamén nos iconos do espazo, que serían os astronautas. Ten que ser un reflexo desa inclusividade.

Sara, que supón para ti ser a primeira muller española seleccionada como astronauta?

S. G. – É un orgullo inmenso e moita responsabilidade, sabendo que te convirtes dalgunha forma nun modelo para inspirar ás nenas do futuro. Dende a maior humildade e dende a honra que sinto de chegar ata aquí, intentarei facer todo o que esté na miña man por ser unha boa embaixadora da ESA e para animar ás nenas, divulgar as marabillas do espazo, da ciencia e de todo o que pode contribuir a nosa sociedade. Tamén para convencelas de que non hai límites e de que poden conseguir todo o que se propoñan.

A quen vos gustaría inspirar o día de mañá como referentes que xa sodes?

P. Á. – A todos os nenos.

S. G. – Eu creo que temos debilidade porque os nenos persigan os seus soños e non se poñan barreiras, que loiten polo que os motive e lles faga felices. Porque se pode conseguir. Os soños poden facerse realidade, aínda que soe romántico ou inxenuo, aquí hai dous exemplos. Se nós servimos para inspirar ao resto de nenos e nenas a que se animen a perseguir carreiras de ciencia, se iso é o que lles gusta, será un logro. Será un exitazo pola nosa parte.

Que lle diríades a unha persoa que quere ser astronauta?

S. G. – Que se prepare ata onde poida, no sentido do que o posto implica. É decir, unha carreira de ciencia, máster, tres anos de experiencia, que aprenda idiomas, porque o inglés é necesario e un segundo valórase positivamente, que sexa una persoa san, activa, e a partir de aí, fai o que che motive e anímate a explorar. Ese é o espírito dos astronautas. Todas e cada unha das túas experiencias poden facer que ao final estés aquí e que o consigas. As decisións que tomamos na nosa vida non estaban enfocadas a lograr ser astronautas e ao final axudaron a iso.

P. Á. – Hai unha cousa que teñen todos, que é que fan moitísimas cousas. Dende pilotos de helicóptero, pilotos de globo, espeleólogos, xente á que lle encanta o alpinismo e que fai verdadeiras barbaridades na montaña… En xeral, xente moi activa, inquieta e aventureira.

Con relación ao tema da formación, vós que estudastes en centros públicos, como valorades a educación pública que se ofrece en España?

P. Á. – Para min foi unha educación excelente, dende primaria ata que acabei a carreira. Por suposto, non tiñan todos os recursos que lles gustaría e seino de boa man, porque estiven falando onte cun profesor. A loita que fixeron na miña Facultade de Enxeñería Industrial, na Universidade de León, é incríbel. Conseguiron levarse a León un HAPS, un pseudo satélite, que é como un dirixible que fai as funcións dun satélite xeoestacionario, pero que voa moito máis baixo e non é coma un satélite, que o perdes para siempre. E estano desenvolvendo en León, co esforzo de moita xente de alí. Se tivesen máis recursos, non sei o que poderían facer, porque é incríbel ver o que fan con tan pouco.

S. G. – Eu no meu caso, falo polo que me toca. Estudei Biotecnoloxía na Universidade de León e isto díxeno dende o día que me licenciei na carreira: sinto que a formación que recibín foi exemplar, non teño ningunha queixa respecto á formación, polo menos no que eu coñezco, que é esta carreira.

Creo que a universidade pública pode darche unha educación de moitísima calidade e, no meu caso, se non fose porque é xustamente pública e me financiaron os estudos, nin sequera podería haber estudado. Entón, para min, poder agora devolver algo ao meu país e a esa inversión que se fixo ao pagarme os estudos, é un orgullo.


Podes ler o artigo orixinal nesta ligazón da Axencia SINC

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.