Venres 19 Abril 2024

Despega con éxito a misión que devolverá o home á Lúa

A axencia espacial acaba de lanzar un nanosatélite ao espazo para probar unha nova órbita

A NASA lanzou onte un nanosatélite ao espazo exterior, como parte dunha misión histórica para que os humanos volvan pisar a Lúa. O diminuto módulo Cislunar Autonomous Positioning System Technology Operations and Navigation Experience (CAPSTONE) lanzouse con éxito no foguete Electron de Rocket Lab desde o leste da península de Mahia, en Nova Zelandia. Se todo vai ben, indican os investigadores, en catro meses CAPSTONE estará en posición de comezar innovadoras “órbitas de halo case rectilíneas” ao redor da Lúa.

A misión ten como obxectivo axudar a reducir o risco para futura naves espaciais mediante a validación de tecnoloxías de navegación innovadoras e a verificación da dinámica desta nova órbita en forma de halo, arredor da Lúa. Desta forma, permitiría que os próximos foguetes lanzados ao espazo determinen a súa localización sen ter que depender do seguemento desde a Terra. Ademais, como parte do mesmo proxecto, Estados Unidos quere poñer a primeira muller e a primeira persoa de cor na Lúa. A NASA tamén busca construír unha base lunar e usar a experiencia como un trampolín para un voo tripulado a Marte.

Publicidade

CAPSTONE nunha nova órbita lunar

Cun peso similar ao dunha maleta, o satélite está a probar unha nova órbita que permitirá estacionar naves máis grandes, incluída a estación espacial “Gateway“, que viaxará ao redor da Lúa durante 15 anos e servirá como punto de partida para a súa exploración. A órbita pasa a 1.600 quilómetros (1.000 millas) da Lúa, no seu punto máis próximo, antes de catapultarse a 70.000 quilómetros (43.500 millas) como máximo. Ademais, os científicos esperan que esta traxectoria, utilizando a atracción tanto da Lúa como da Terra, consiga minimizar o uso de combustible. Tal e como indica a NASA dende a súa páxina web, CAPSTONE usará a súa propia propulsión e a gravidade do Sol para navegar cara ao seu destino e, aproximadamente, tardará catro meses en alcanzar a órbita lunar obxectivo.

O Sistema de Posicionamento Autónomo Cislunar da misión é un sistema de comunicacións e navegación de nave espacial a nave espacial que traballará co Orbitador de Recoñecemento Lunar da NASA para determinar a distancia entre as dúas bases en órbita lunar, sen depender do apoio e segemento desde a Terra. CAPSTONE tamén conta cunha nova capacidade de alcance unidireccional de precisión integrada no seu radio que podería reducir a cantidade de tempo de rede terrestre necesario para as operacións no espazo. Deste modo, se todo sae como se espera, conseguiríase unha maior experiencia en pequenos lanzamentos á Lúa e, incluso, máis alá no espazo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...

Un equipo de Vigo busca solucións para colonizar a Lúa

Xunto con investigadores de Oviedo, realizaron ensaios nas covas volcánicas de Lanzarote pola sús analoxía coas cavidades lunares