Chega a Lúa do verme: as claves dun fenómeno que xa se pode ver en Galicia

Alcumada como Lúa do cervo, da cortiza, do azucre ou da coresma, todos os seus sobrenomes anuncian o final do inverno

A lúa chea de marzo, ou Lúa de verme —un dos múltiples alcumes que adopta o astro nesta fase durante este mes—, poderá observarse este mediodía ás 13.40 desde Galicia, segundo o Observatorio Astronómico Nacional. Porén, a noite dos días 6 e 7 amosarase igualmente neste estado, que se produce cando este satélite e o Sol están en lados opostos da Terra. Tamén se coñece como a Lúa de savia, a Lúa do corvo, a Lúa da cortiza, a Lúa de azucre ou, polo sobrenome europeo, a Lúa de coresma, todos relacionados co fin do inverno.

O Farmer’s Almanac comezou a compilar e publicar os nomes outorgados polas tribos nativo americanas desde 1930, de xeito que se popularizaron entre a poboación global. Segundo esta publicación estadounidense especializada en prediccións meteorolóxicas, un dos máis populares era o de Lúa do verme: “A medida que a temperatura comeza a calentarse e o chan a desconxelarse, aparecen vermes de terra, que anuncian o regreso dos paparroibos”. As tribus máis ao norte chamábana Lúa do corvo cando o graznido dos corvos sinalaba o final do inverno; ou a Lúa da cortiza porque a capa de neve endurécese ao desconxelarse durante o día e conxelarse durante a noite.

Publicidade

O sobrenome de Lúa da coresma pertence aos europeos —os colonos, para as tribos nativo americanas—, que a consideraban como a última lúa de inverno por ser a que precede ao período anterior á Pascua. Outros nomes son a Lúa da casta ou a Lúa da morte, en relación co xaxún da Coresma. Ademais, o satélite coincide nestas datas co festival hindú Holi.

O astro continuará o seu ciclo o que resta de mes. Estará en cuarto menguante o 15 de marzo ás 04.38; en Lúa nova o 21 de marzo ás 18.23, e en cuarto crecente o 29 de marzo ás 04.32.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo na Artemis II: “Cando apareceu a misión no noso espectro foi unha celebración incrible”

O equipo de atlanTTic xerou dez terabytes de información en dez días de seguimento da cápsula Orión polo espazo profundo

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

A tripulación de Artemis II pon rumbo á casa tras establecer o récord histórico de distancia coa Terra

A nave Orión atravesa a cara oculta da Lúa e establece unha nova referencia de afastamento de 406.733 quiómetros, superando en 6.000 a Apolo 13

Unha travesía á cara oculta da Lúa: estas son as mellores imaxes da misión Artemis II

A tripulación afronta dez xornadas de voo profundo con fitos históricos, illamento de comunicacións e observacións inéditas do hemiferio non visible do satélite