Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña

Este luns producirase unha eclipse solar que se podería ver dende Galicia, único lugar da península que tería este privilexio. Con todo, o tempo non acompaña para poder desfrutar deste fenómeno. As choivas inundarán Galicia e o ceo estará encapotado pola noite, segundo datos de Meteogalicia, coincidindo co momento no que a eclipse dará comezo na nosa comunidade. 

Un tempo desfavorable compleméntase coa hora na que se inicia a eclipse, que tampouco xoga en vantaxe para poder ver o evento dende Galicia. O acontecemento poderase ver a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña, o que deixará un curto período de tempo para a súa contemplación.

Publicidade

O fenómeno será total en México, Estados Unidos (dende Texas ata Maine) e Canadá, franxa a través da que se poderá ver no seu máximo esplendor. Mais en Galicia será un tipo de eclipse solar parcial, onde unha parte da Terra é ‘devorada’ pola sombra que proxecta a Lúa ao pasar entre o planeta e o Sol nunha aliñación imperfecta.

Porén, este tipo de eclipse parcial é tamén a primeira fase do total, coñecida como primeiro contacto. Ocorre cando a Lúa comeza a pasar entre o Sol e a Terra, e toca por primeira vez a estrela, polo que ao inicio non se cobre por completo. Neste momento, o astro poderase ver en forma de media lúa. Este primeiro paso poderase apreciar na maioría de lugares onde se estima ver a eclipse, mais en Galicia só se poderá observar o fenómeno deste xeito.

Publicidade

A derradeira vez que se produciu unha eclipse solar parcial foi o ano pasado, o 14 de outubro, cando puido apreciarse levemente dende Canarias. Para poder contemplar unha eclipse total en España haberá que esperar ata o 12 de agosto de 2026, segundo o departamento de Astronomía do Instituto Xeográfico Nacional.

A eclipse galega

O público interesado corre o risco de non poder ver a eclipse dende os seus fogares. En España, só as Illas Canarias e Galicia poderán ser testemuñas deste acontecemento. O oeste do territorio galego é o lugar onde se poderá apreciar o fenómeno con máis claridade. Polo tanto, os veciños do interior de Galicia terán menos posibilidades de ver a eclipse, tanto por duración como por visibilidade. 

Mapa que mostra os lugares onde vai poderse ver a eclipse solar parcial: Galicia e as Illas Canarias. Foto: Real Observatorio Astronómico de Madrid, Instituto Xeográfico Nacional
Mapa que mostra os lugares onde vai poderse ver a eclipse solar parcial: Galicia e as Illas Canarias. Foto: Real Observatorio Astronómico de Madrid, Instituto Xeográfico Nacional

A Costa da Morte convértese no mellor lugar onde contemplar fenómeno astronómico. Durará un tempo aproximado de nove minutos e medio nesta zona da Coruña, mentres que en Santiago de Compostela a duración estimada será de seis minutos, pola súa localización fóra do extremo noroeste.

A preparación do fenómeno

Os datos fundamentais que precisa saber todo aquel posible espectador é a necesidade de usar protección visual. En Galicia, ao tratarse dunha eclipse solar parcial, recoméndase o uso de lentes certificadas que cumpran coa norma ISO 12312-2, e non empregar lentes de sol comúns. Pola contra, en Norteamérica, a elipse solar total vai permitir ao público quitar a protección ocular especializada no momento da ocultación total do Sol. O mesmo ocorrerá coa observación da eclipse a través de cámara, binoculares e telescopios, pois terase que empregar un filtro solar especial para evitar lesións oculares graves de xeito instantáneo.

Aínda que a proteccion é esencial para poder ver a eclipse, tamén é importante saber onde vela. No extremo máis oeste de Galicia é o lugar onde mellor se poderá ver este fenómeno. Concretamente, para unha maior posibilidade de visualización da eclipse, os potenciais espectadores deberían buscar unha planicie aberta e sen obstáculos visuais que permita ver o ceo completamente despexado, sempre que o tempo dea unha pequena tregua.

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As consecuencias das chuvias torrenciais sobre Ourense

MeteoGalicia rexistra 5.990 raios nas últimas 24 horas e un máximo de vento de 71,6 km/h en Viana do Bolo, un dos concellos máis afectados

Da curiosidade ao estrés: como afecta a eclipse aos animais?

A etóloga da USC Ángela Fernández explica que cada individuo poderá reaccionar de forma diferente, pero existen manifestacións habituais como o aumento na vocalización das aves

Un potente anticiclón chega a Galicia: estamos ante a primeira onda de calor do ano?

As temperaturas poderán ser as máis altas rexistradas para esta época do ano entre finais da semana e comezos da próxima

Dos ventos do sur aos eucaliptos vellos: os factores tras o primeiro grande incendio da tempada en Galicia

A combinación de factores no lume de Herbón-Padrón, con 350 hectáreas queimadas, confirma unha mudanza nos patróns de propagación