Venres 19 Abril 2024

Así será a misión espacial ‘Juice’, que estudará Xúpiter e as súas lúas

O satélite traballará para desvelar a historia deste planeta: como se formou e se podería ter albergado vida

Este xoves 13 de abril ás 12.14 horas lanzarase a misión espacial Juice para o estudo do planeta Xúpiter. Son varios os obxectivos científicos clave para explorar as lúas oceánicas ata sondar a complexa atmosfera e o entorno magnético do planeta. Segundo explica a Axencia Espacial Europea, Juice traballará para desvelar a historia deste planeta, revelando como se formou, como evolucionou e se a vida podería ter xurdido nalgún momento dentro do seu sistema.

A misión considerará dúas liñas: cales son as condicións para a formación de planetas e a aparición da vida e como funciona o Sistema Solar. Juice estudará moitos compoñentes do sistema de Xúpiter individualmente, ao tempo que caracterizará como cada un interactúa entre si. Este é o planeta máis grande de todo o Sistema Solar e ten un entorno espacial complexo, coa atmosfera do planeta, o magnetismo, as lúas e os aneis poeirentos interactuando entre si. Ao caracterizar e explorar como funcionan todos estes elementos xuntos, Juice axudará a entender como poderían xurdir planetas habitables en sistemas similares a Xúpiter.

Publicidade

Juice supervisará a química, a estrutura, a dinámica e o clima de Xúpiter, e determinará por que a atmosfera superior do planeta está tan inesperadamente quente. Estudará como funciona sen unha superficie sólida debaixo dela, revelará o que ocorre dentro do entorno magnético de Xúpiter e explorará como isto dá forma ás conducións das lúas e viceversa.

As lúas de Xúpiter

O obxectivo principal é caracterizar as lúas de Xúpiter como corpos celestes e posibles hábitats para a vida. O sistema contén unha serie de mundos oceánicos, lúas que se cree que teñen océanos debaixo das súas superficies en Ganímedes, Europa e Calisto. Juice estudará os seus embalses ocultos, mapeará as súas conchas xeadas e investigará as súas interiores.

Se ben os seus océanos son de interese para Juice, cada lúa tamén é indivualmente interesante: Calisto é un mundo antigo representante do sistema de Xúpiter, Europa parece ter unha superficie nova e activa e ventila o auga ao espazo, e Ganímedes, a lúa máis grande do Sistema Solar é única. Será o principal obxectivo de Juice.

Esta lúa amosa unha ampla gama de idades e características superficiais, proporcionando un rexistro xeolóxico que abarca varios miles de millóns de anos; ten unha relación complexa e única co entorno espacial ao redor do seu planeta pai, e ten un océano subsuperficial e unha “dinamo magnética activa”, informa a Axencia Espacial Europea. Soamente outros dous corpos sólidos no Sistema Solar xeran un campo como o de Gamínedes, e ambos son planetas (Mercurio e a Terra), un dos cales alberga vida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un asteroide troiano de Xúpiter pasará polo ceo de Galicia

En Santiago de Compostela hai un 34 % de probabilidade de observar a ocultación dunha estrela

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O telescopio James Webb mostra novas imaxes das auroras de Xúpiter

O observatorio espacial tamén revela fotografías detalladas dos aneis e da Gran Mancha Vermella, a tormenta máis famosa do planeta

O telescopio James Webb revela unha nova imaxe de Xúpiter

O observatorio máis potente da historia inclúe no seu informe de posta en marcha unha serie de fotografías do planeta