Dúas galegas, fundadoras da Sociedade Española de Intelixencia Artificial en Biomedicina

As investigadoras do Centro de Investigación en TIC (Citic) da Universidade da Coruña (UDC) Amparo Alonso e Bertha Guijarro forman parte do equipo fundador da recentemente creada Sociedade Española de Intelixencia Artificial en Biomedicina (IABiomed). Trátase dunha entidade que ten como obxectivo fomentar a investigación e o desenvolvemento da intelixencia artificial aplicada a biomedicina, unha área onde esta tecnoloxía está a ter gran transcendencia.  

Precisamente, a nova entidade xorde ao abeiro da Rede Temática sobre Intelixencia Artificial en Biomedicina creada en 2018, da que o grupo de investigación LIDIA da UDC, dirixido por Amparo Alonso e representado na rede por Bertha Guijarro, tamén formaba parte, e que foi o xerme desta colaboración científica a nivel estatal.  

Publicidade

“A intelixencia artificial ten aplicacións cada vez máis amplas en biomedicina, incluíndo a investigación médica, o diagnóstico de enfermidades, a medicina personalizada e a atención ao  paciente. Por iso, parécenos moi relevante a creación desta sociedade, que é unha ferramenta de enorme potencial xa que fomenta a colaboración entre profesionais de diferentes áreas”, sinalaron as investigadoras do CITIC e cofundadoras da entidade.  

Retos de futuro

A entidade está integrada por 42 investigadores de 16 provincias españolas e busca a promoción  da colaboración na actividade científica así como a investigación multidisciplinar na área de intelixencia artificial en Biomedicina. Así mesmo, tamén quere promover actuacións que permitan xerar recursos de  interese para a divulgación, a investigación e a formación neste ámbito. De feito, un dos obxectivos de IABiomed é establecer vínculos e sinerxías con empresas e organismos públicos e privados que se poidan beneficiar de maneira directa e indirecta das actividades e aplicacións  da IA no eido da Biomedicina.  

Publicidade

Así mesmo, a Sociedade é consciente dos desafíos presentes e futuros aos que debe facer fronte  no campo da biomedicina, polo tanto, os esforzos de IABiomed irán principalmente destinados a atopar solucións para eses retos, tales como o acceso aos datos de saúde con fins de investigación, a falla de tratamentos para enfermidades raras, os problemas derivados da resistencia aos antibióticos, novas pandemias ou a mellora dos procesos clínicos. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Da cosmoloxía moderna á física solar: os congresos que marcarán a semana da eclipse na Coruña

A cidade reunirá durante catro días a investigadores de referencia internacional para abordar as grandes incógnitas do universo e os últimos avances da estrela

Nace ConfIA, unha rede que aglutina dez universidades para impulsar unha IA confiable e responsable

O CITIC e o CiTIUS representarán a Galicia nesta iniciativa que reforzará a cooperación científica, a captación de talento e a transferencia de coñecemento

A UDC crea unha plataforma de IA para personalizar o tratamento da incontinencia urinaria feminina

O proxecto XINE-IA combinará datos clínicos, tecnoloxías terapéuticas e experiencia de pacientes para apoiar aos profesionais sanitarios

Galicia impulsa unha infraestrutura cuántica pioneira ao servizo da investigación

O CITIC obtén unha axuda de 1,04 millóns de euros que financiarán proxectos con impacto nos ámbitos da saúde, a industria ou a ciberseguridade