A nave Dawn chega a Ceres

Dawn convértese na primeira nave espacial que chega a un planeta anano. "Vai facer historia", destaca Robert Mase, director do proxecto para esta misión dende o laboratorio JPL da NASA en California (EUA). "O noso equipo está preparado e con moitas ganas de descubrir o que Ceres nos ten reservado". Foto: NASA JPL.
Este venres a sonda Dawn da NASA alcanza Ceres, o obxecto máis grande do sistema solar entre Marte e Xúpiter. A súa entrada na órbita do planeta anano axudará a desvelar algúns dos seus misterios, como as súas enigmáticas manchas brillantes, e a comprender mellor as orixes do sistema solar. Despois dunha viaxe de sete anos e medio, a nave Dawn da NASA chega hoxe ao seu destino: o planeta anano Ceres, que orbitará durante os próximos 14 meses para analizar este diminuto mundo de 950 km de diámetro. Trátase do maior e máis masivo obxecto do cinto principal de asteroides, localizado entre Marte e Júpiter. Dawn convértese na primeira nave espacial que chega a un planeta anano. “Vai facer historia”, destaca Robert Mase, director do proxecto para esta misión dende o laboratorio JPL da NASA en California (EUA). “O noso equipo está preparado e con moitas ganas de descubrir o que Ceres nos ten reservado”. Foto: NASA JPL.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman

A galega Begoña Vila protagoniza un documental sobre a próxima gran misión científica da NASA

‘Rumbo ás estrelas (Despois da eclipse)’ trata do desenvolvemento do telescopio espacial Nancy Grace Roman a través da historia persoal da enxeñeira