Titán máis alá dos aneis

Titán
Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, ISS, JPL, ESA, NASA.

Explicación: cando se orbita Saturno, seguro que se ollan superposicións espectaculares de lúas e aneis. Unha desas pintorescas vistas puido vela hai pouco a nave espacial automática Cassini que está en órbita de Saturno. En abril de 2006, a Cassini captou os aneis A e F de Saturno estreitándose perante un Titán envolto en nubes. Preto dos aneis e aparecendo xusto por riba de Titán estaba Epimetheus, unha lúa que orbita xusto por fóra do anel F. O espazo escuro no anel A chámase división de Encke, aínda que aí temos varios bucles finos amalloados e incluso a órbita da pequena lúa Pan.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Conta atrás para a gran cita coa eclipse total en Galicia: “Non volveremos ver algo así na nosa vida”

Unha cobertura do 99% ou do 100% do Sol marca a diferenza entre unha simple diminución da luz e a aparición da coroa solar e da escuridade

Unha eclipse e o último solpor: a Costa da Morte vivirá un espectáculo astronómico único en Europa

O proxecto Atlantic Sunset sitúa Galicia entre os mellores enclaves do continente para a observación do fenómeno cunha magnitude de totalidade próxima ao 99%

Chega o pico das Delta Acuáridas: poderá verse a chuvia de estrelas dende Galicia?

O máximo coincidirá cunha madrugada marcada pola nubosidade e pola lúa chea, dous factores que dificultarán a observación do fenómeno

Descuberto un sistema planetario ‘ao revés’ que desafía as teorías da formación astronómica

O achado dun mundo rochoso na periferia da estrela LHS 1903 suxire que os planetas tamén poden formarse de forma secuencial en contornas sen gas